12/11/14

1º de ESO Amor de serea

O luns 10 de novembro, xuntamonos para falar da nosa primeira lectura do Club.Como sucede en Vigo, permitiunos falar de moitas cousas da nosa cidade: Cachamuiña e a Reconquista da nosa cidade, a Panificadora, O Castro, a rúa das Ostras,o Sireno, o Porto, o Museo do Marco, o Museo do Mar,... lugares dos que aprendemos cousas que non sabiamos. Tamén falamos de Sanjurjo Badía e descobrimos que non só e nome da rúa na que vivimos moitos de nos! Tivemos tamén unha clase de historia en torno á Batalla de Rande. A algún de nos gustaríanos sumerxirnos no fondo do mar coma Tintintimán, o noso protagonista, para recuperar os tesouros afundidos. E como non, non nos esquecimos de Xulio Verne, marabilloso escritor do Proxecto de Biblioteca deste curso.



Homenaxe á Batalla de Rande no Castro de Vigo
Xulio Verne no porto de Vigo

Cachamuiña

A Reconquista de Vigo


O amado e odiado Sereo
O boia-porta-torpedos deseñado por Sanxurxo Badía e roubado do Museo de Mar polo noso prota

20/10/14

Curso 2014-15

Benvidos ao Club de Lectura!

Estas son as lecturas para o primeiro trimestre:


1º de ESO

1º de ESO - FÁCIL LECTURA
2º de ESO - FÁCIL LECTURA



2º de ESO
3º- 4º de ESO


30/6/14

VII Xornada dos Clubs de Lectura


 Neste enlace, podedes ver a presentación que fixemos do noso Club de Fácil Lectura:

http://prezi.com/6h-eqqkmegsp/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share




11/6/14

Clubs 1º, 2º de ESO e Fácil Lectura- Cartas de Inverno de Antonio Seijas

Esta foi a derradeira sesión do curso. Foi sen dúbida o libro que máis nos gustou a todos.

Aqui tedes un resumo da sesión.

1.- Coñecimos a Agustín Fernández Paz a través da súa biografía e vimos todos os libros que temos deste autor na nosa biblioteca.

2.-   Que pensabamos que se podía ocultar detrás do título. E da foto da portada?

3.-  Quenes eran os Indianos? Vimos fotos de casas indianas en Galicia e Asturias.

4.- Coñeces algunha historia de medo relacionada con casas encantadas? Pasouche algo raro algunha vez?

Sara contounos a súa experiencia na casa dunha amiga.

5.- Que son os petroglifos? Que interpretación lle dades aos petroglifos da casa? ( páxina 33 ). Falamos da excursión que fixeron  en Lingua Galega a Campo Lameiro.



 6.- O labirinto de Mogor ( páxina 61 ). Comparamos o do libro con fotos reais do petroglifo e contamos a lenda de Teseo e o minotauro. Chegamos á conclusión de que a casa é un labirinto do que non se pode saír.

7.- Actuarías como Adrián e Xabier? A maioría chamariamos á policia ou fuxiriamos de alí.

8.- Quen pode ser a rapaza? Por que lles pide axuda? Aqui o debate foi longo. Tedes moita imaxinación!

9.- Que pensas que viu Tareixa no libro? Como chegou ata alí? Por que o queima? Aqui tamén debatemos bastante e falamos do lume purificador.

10.- En que momentos da lectura tiveches máis medo? As respostas son variadas: na páxina 80 cando sae o " monstruo", a cara de Adrián na páxina 38, ou algunhas litografías da rapaza.

11.- Gustouche a historia? As viñetas de Antonio Seijas? A forma de narrar? Cambiarías o final? Algúns finais foron interesantes. Sodes un pouco malvados!



Grazas por tódolos postres que trouxéchedes.
 Ata o curso que ven!






7/6/14

Club 1º de ESO e Fácil Lectura- Visita Biblioteca Casco Vello de Vigo



CALADIÑOS E CONCENTRADOS
FORMACIÓN DE USUARIOS CON CÉSAR

MANUEL MOI APLICADO

DESCUBRINDO NOVOS MUNDOS

XOGO DE PISTAS


Clubs 1º,2º de ESO e Fácil Lectura - CHARLA CON PAULA, COOPERANTE NA INDIA.

 Como actividade complementaria das lectura de Jordi Sierra i Fabra, tivemos a sorte de poder contar con Paula, que estivo connosco falándonos da súa experiencia como cooperante nunha ONG na India.

A través das súas fotografías,falounos de moitas cousas:do seu traballo coas rapazas e rapaces, da situación da muller, das comidas, vestimentas, relixións, costumes, de Bollywood,...

Aprendemos moitísimo. Grazas Paula!































Sesión 4º de ESO- Ás veces quero morrer coa risa de Birgit Schlieper e Nina Stahl

Vicente, Alba, Ana, María e Dani

A última sesión do Club de 4º foi intensa, cunha mestura de tristeza e esperanza.

Falamos de moitas cousas, e resulta bastante complicado resumilas.


1.- Impresións sobre a portada e o título.

2.- Primeira frase do libro: "Vas morrer".

3.- Leucemia: que é? Coñecemos a alguén que padeza esta enfermidade?

4.- Debate: Se fosemos nós, gustaríanos que o médico nos dese a noticia ou preferiríamos que fosen os nosos pais?

5.- Como reacciona Nils? Reaccionaríamos igual?

6.- A relación de Nils cos seus pais e amigos. Como actuaríamos se tivesemos un amigo con cancro?

7- Os correos que Nils lle manda á súa irmá. Por que nunca lle contesta?

8.- O medo de Nils polas noites no hospital.

9.- A transformación de Nils.

10.- Helen. Que  lle aporta a Nils? E él a ela? Que relación teñen?

11.- A relación de Nils cos outros rapaces do hospital.

11.- A decisión de Nils de permanecer no hospital.

12.- Gústanos o trato que teñen o médico e a psicóloga con él?

13.- Morrerá Nils antes ou despois de Helen?

14.- A descripción que fai do seu enterro.

15.- Lemos as derradeiras páxinas: a morte de Helen.

Todos aprendimos moito con este libro, e a pesar da súa dureza recomendámolo, xa que nos fixo reflexionar a cerca de moita cousas.