O luns 23 de maio, reunímonos para ver a peli baseada no libro e intercambiar impresións. A peli pareceunos unha boa adaptación e todos coincidimos en que Engurras espertou en nós unha mestura de tristeza en tenrura hacia as personaxes. Os rapaces falaron dos seus avós e fixéronlles unhas entrevistas para coñecelos un pouco mellor. É aquí a que Noel de 4º de ESO lle fixo a súa avoa.
ENTREVISTA
1.
Como
se chama vostede?
Victoria
Vieites Fernandez
2.
Cando
e onde naceu?
O
5 de Decembro de 1934 en Santa María de Mera (Ortigueira).
3.
Que
estudos ten?
Os
estudos primarios de aquela época.
4.
Gostáballe
ir ao colexio/instituto cando era xoven?
Sí,
chorabamos por ir a escola, porque senon había que ir lindar as vacas.
5.
Que
tipo de estudante era?
Moi
boa estudante.
6.
Como
era a educación no seu tempo?
Escola
Unitaria: unha mestra sola para 30-40 nenas de idades diferentes entre os 6 e
14 anos. Non era obrigatorio ir ao colexio. As clases estaban separadas por
sexos (os nenos cun mestre e as nenas cunha mestra).
7.
Tiña
moitos amigos? Como eran? Como se divertían?
Sí,
a maioría amigas, porque no tempo de lecer tamén separaban por sexos. As nenas
xogaban entre elas á saltar á corda, á pita cega, á chapa, á roda...
8.
Aún
é amiga dalgunha persoa desa época da súa vida?
Sí,
as que siguen vivindo cerca: outras morreron e outras emigraron.
9.
Cales
son os seus millores recordos do colexio/instituto? E os peores?
Todos
os recordos que teño do colexio son bos, ningún malo. Pasabao ben, xogaba cas
amigas e librábame das tarefas da casa.
10. Houbo algún mestre que tiveran unha
influencia particular na súa vida?
Sempre
tivemos a mesma e era moi boa profesora. Fomentaba a asistencia dos nenos
falando cos pais e aplicábase máis cos que iban menos. Todos aprendíamos moito.
11. Cando tiña a nosa idade, cales eran as súas
aficiones no seu tempo de lecer?
Xuntarse
coas amigas na ponte, unha plaza onde todos os rapaces do pobo reuníanse.
12. Que quería ser de maior? Conseguiuno?
Quería
ser modista, conseguino en parte, aprendín a coser como afición.
13. Que sitios visitou cando era nova?
Nada:
ibamos ver ás cataratas do río, unha ou dúas veces a Ferrol, Ortigueira, Cariño,
e as feiras dos arredores.
14. Tiña boa relación cos seus pais?
Sí,
moi ben. Daquela tiña relación todo o mundo, non como agora, con estas pelexas
tontas.
15. Como era a súa vida diaria: medios de
trasporte, comodidades en casa, problemas en situación do día a día,...?
Camiñando
a pé a todos os sitios, con zocas. Ás únicas comodidades era a luz eléctrica e
as camas individuais. Non había auga corrente. Lindabamos ás vacas, ibamos ao
colexio,... Cando me casei, na nova casa ainda non chegara a luz eléctrica
todavía.
16. Que opina dos xovenes de hoxe en día?
Que
teñen moito vicio. Non saben como vivir sen tantas comodidades, como se vivía
antes. Se te mollabas os pes quedabas con eles mollados todo o día que non
había outros.
17. Como viviron os acontecementos históricos
importantes da súa época (a postguerra, a transición, a chegada do home á
Lua,...).
A
postguerra paseina pasando moita fame, frío e sen moitas necesidades básicas. A
transición, nin sabíamos nin o que era, morreu Franco e non se sabía o que iba
a pasar, tiñamos esperanza pero tamén medo de volver a atrás, viviramos con
moita represión e non se podía falar. A chegada do home a Lúa, parecíanos todo
un conto, era imposible. No 23F tiñamos moito medo por volver á época de
Franco, non durmimos ata que o rei saliu a falar pola tele dicindo que todo
estaba ben.
18. Está usted casada? Como levou o seu
noviazgo? Tiveron fillos? Ten usted netos?
Sí,
un noviazgo normal daquela época: sempre acompañado doutro adulto, non podías
ir co mozo solo. Sí, catro fillos. Sí, catro netos.
19. Gostalle ler? Que tipo de literatura lle
gosta? Cales son os seus autores favoritos? Que lía cando tiña a nosa idade?
Que libros da súa xuventude lle marcaron?
Sí,
moito. Literatura romántica, histórica, todo tipo de novelas. Doviesqui, Vargas
Llosa, Gabriel García Marquez,... Crimen y Castigo, Ana Karenina, El Padrino,
Código Da Vinci,... Aos 16 lia máis ben novela rosa: Corín Tellado. Lías por
entrenimento e por saber, non me marcou ningún.
20. Gostalle ir ao cine ou ao teatro?
Sí,
o teatro gústame máis ca o cine.
21. Quen era o seu actor/actriz favorito? E
cantate favorito?
Fernando
Rey, Arturo Fernandez, José Sacristán, Lola Herrera, María Luisa Merlo, Lina
Morgan, Manolo Escobar, María Dolores Pradera, Basilio,...
22. Que anécdotas da súa vida lle gostaría
contar?
Non
hai ningunha destacable, so tonterías.
23. Para terminar, que consello nos pode dar
para ser felices?
Vivir
a vida que é moi corta e estudar que é moi importate. Nada de aforrar.
Noel Suárez Barro
No hay comentarios:
Publicar un comentario