23/11/14

2º de ESO As lágrimas de Shiva

Se queres coñecer un pouco mellor a César Mallorquí, preme no seguinte enlace:
http://www.letrasdeencuentro.es/escritores.php?autor=36

Aquí tes o booktrailer do libro:
https://www.youtube.com/watch?v=B5cxlTOkkE8


 1.- Resume o motivo que da orixe a viaxe de Xabier a Santander. Onde se hospeda?

2.-Na biblioteca da casa, Xabier contempla varios retratos, pero entre eles hai un que lle chama a atención. Indica de quen é e que sabe nese momento desa muller.

3.- A súa vida na Villa Candelaria transcorre de forma monótona, ata que un día suceden tres cousas.Cales son?

4.-  Na biblioteca atopa una versión antiga do Frankenstein de Mary Shelly. Que atopa na súas páxinas?

5.- A raíz da historia que lle conta Violeta sobre Beatriz, cal é a primeira hipótese que fan sobre o Savanna? Paréceche crible?

6.-  Chegado un momento, é evidente que hai unha presenza na casa.Indica dúas das manifestacións que fan que Xabier crea finalmente nas pantasmas.

7.- No trasteiro da casa, Xabier e Violeta atopan unha pista que lles axuda a resolver o misterio de Beatriz. De que se trata?

8.-  Quen é Amalia? Que significa este nome na novela?

9.- Finalmente, que foi o que realmente lle sucedeu a Beatriz? Xustificarías a atitude de Amalia?

10.- O tío Lois devolve as lágrimas de Shiva á familia Mendoza. Pareceche correcta esa atitude?

11.- Cres que na vida real un conflicto non resolto entre dúas familias pode chegar a arrastrarse durante 70 anos?

12.- Xabier cambia a versión acerca de como atopou o colar. Pensas que fixo ben? Farías ti o mesmo?

13.-  Describe a personalidade das catro primas de Xabier. Cal foi a que máis che gustou?

14.- Que cres que sucedeu co paso do tempo entre Violeta e Xabier. Por que o autor da novela non nos di nada?

15.- E tí, cres nas pantasmas?

16.- A novela está ambientada nunha época moi concreta e, nalgúns aspectos moi diferente da nosa. Sinala e comenta as semellanzas e diferenzas entre aqueles anos e a actualidade.

17.- A familia Obregón non ten televisión, e cando o pai fabrica unha, non parecen prestárlle demasiada atención.Sorprendéuche? Poderías vivir sen tele?

18.- Gustóuche o libro? Argumenta a túa resposta.


16/11/14

3º de ESO La estrategia del parásito


Coñeces a César Mallorquí? Preme no seguinte enlace para coñecer ao autor e a súa obra un pouco mellor: http://www.letrasdeencuentro.es/escritores.php?autor=36

 Cando liches o título do libro, que te suxeriu?

 Que tipo de parásito é o que aparece na portada?

Na portada aparecen unhas letras brillantes que non se len a simple vista. Cal pensas que é a intención desta mensaxe oculta?

Na contraportada, explícasenos cal é a estratexia dos parásitos: " consiste en ocultarse en organismos doutras especies e nutrirse deles sen chegar a matalos."  Sabes que é un parásito? Coñeces os tipos de parásitos que existen?

Na seguinte imaxe podes ver os tipos de virus informáticos que hai. Saberías explicar en que consite cada un?


Cando abrimos o libro, o primeiro que vemos é o título do libro e do autor borrados e un novo título cun novo autor: El asunto Miyazaki  de Óscar Herrero. Atopaches algunha explicación a isto?

" Estoy muerto, lo sé; tan muerto como Mario. Sigo respirando, me muevo, como, duermo, hablo, escribo, pero soy un cadáver que se niega a aceptar lo inevitable y finge vivir una vida ficticia, como un fantasma". Así comeza o capítulo 1. Que pretende César Mallorquí  cun principio tan pouco alentador?

A trama do libro xira en torno ao mundo da informática e utiliza moita terminoloxía técnica. Óscar Herrero, o protagonista, é un rapaz de letras que non coñece ben ese mundo, motivo polo cal comete varios erros graves. E ti, custouche moito entender as explicacións " científicas " que nos ían dando?

Óscar e Judit comenzan a investigar a morte de Mario. Na páxina 41,aparece a imaxe dunha muller na pantalla de Óscar. Quen creías que era?

Francisco Melgar, amigo de Mario, non quería falar con eles do seu amigo. Que motivos pensabas que tiña para non querer facelo?

Cando Óscar inserta o pendrive de Mario no seu ordenador, aparecen dous archivos: Miyazaki e Camaleón. Que podían conter?

Óscar non da atopado o contrasinal que lle permite abrir o archivo Miyazaki. Tiñas algunha idea de cal podía ser?

O compañeiro de piso de Óscar, Emilio, morre asasinado. A estas alturas do libro, tiñas algunha hipótese de quen podía estar detrás de todo isto?

Nalgún momento da lectura desconfiaches de Judit? E doutras personaxes?

Tesseract Systems é unha empresa informática que está a punto de lanzar  uns novos ordenadores revolucionarios: os" Quantum". Por que levan ese nome?

Nas páxina 81 e 82 aparece outra vez a muller que viu Óscar. Segues sen saber quen pode ser?

Por que motivo Óscar non entrega o pendrive?

 No capítulo 9, Fran Melgar desvela moitísima información. Que era Camelot? Quenes eran os socios? Que é un hacker? E un troiano? Que descobrimos de Tesseract? E de Miyazaki e "Camaleón"?

 O detective contratado por Judit averigua onde se atopa  Ernesto Figuerola. Sospeitabas algo do que  ían atopar?

Finalmente atopan o contrasinal. Quen aparece na pantalla? Custouche moito entender as explicacións de Mario? Podes resumilas?

Pareceuche boa idea que Óscar quixese falar con Miyazaki? Cal é a súa conclusión tras falar con él?

No capítulo 13 aparece o terceiro membro de Camelot. Lembrábaste del? Que ten de peculiar?  Que foi facer á India? Que averiguou? Serías capaz de explicar que é a computación cuántica? E os ordenadores ternarios? Cal é a estratexia  ideada por Miyazaki para poder vivir? A gama alta de Quantum chámase Kinetic. Cales son as súas características?

Que solucións propón Black-Cat para vencer a Miyazaki? Pensas que son factibles?

Finalmente, Óscar decide separarse de Judit para protexela. Cres que a súa decisión foi correcta?

Pensas que Óscar seguiu os pasos axeitados ao longo do libro? Farías o mesmo ca él? Quen pensas que foi máis razoable na súa investigación, Óscar ou Judit?

Nas últimas páxinas, logramos entender por que o título e o autor do libro foron borrados na primera páxina. Preme no seguinte enlace e comenta o que ves.
http://www.literaturasm.com/Miyazaki.html

Agora preme neste enlace:http://www.labibliotecadellaberinto.com/

Cal é a túa conclusión? Paréceche orixinal que o libro "finalice" así? Pensas que é un final aberto ou pechado?

A medida que avanzabas na lectura, sentíaste atrapado na trama? Cres que está ben construída? Gustouche o libro? Podería realmente suceder algo así?

No seguinte enlace, o propio  autor fala cos internautas de "La estrategia del parásito":



12/11/14

1º de ESO Amor de serea

O luns 10 de novembro, xuntamonos para falar da nosa primeira lectura do Club.Como sucede en Vigo, permitiunos falar de moitas cousas da nosa cidade: Cachamuiña e a Reconquista da nosa cidade, a Panificadora, O Castro, a rúa das Ostras,o Sireno, o Porto, o Museo do Marco, o Museo do Mar,... lugares dos que aprendemos cousas que non sabiamos. Tamén falamos de Sanjurjo Badía e descobrimos que non só e nome da rúa na que vivimos moitos de nos! Tivemos tamén unha clase de historia en torno á Batalla de Rande. A algún de nos gustaríanos sumerxirnos no fondo do mar coma Tintintimán, o noso protagonista, para recuperar os tesouros afundidos. E como non, non nos esquecimos de Xulio Verne, marabilloso escritor do Proxecto de Biblioteca deste curso.



Homenaxe á Batalla de Rande no Castro de Vigo
Xulio Verne no porto de Vigo

Cachamuiña

A Reconquista de Vigo


O amado e odiado Sereo
O boia-porta-torpedos deseñado por Sanxurxo Badía e roubado do Museo de Mar polo noso prota