Este curso decidimos
plantexarnos un reto: a lectura dun libro de case 500 páxinas e en galego. A
obra elixida foi A Memoria da Choiva
de Pedro Feijoo. Levounos o noso tempo, pero démolo rematado. Conseguimos o
noso reto! Ademais, fixémolo entre todos, como unha piña que somos, lendo unha
páxina cada un, tantas páxinas como podíamos no que duraba a clase de ámbito
sociolingüístico.
Nalgunha das fotos poderedes vernos moi concentrados
lendo porque xa estábamos moi enganchados á historia. Bueno, todos menos
Aitana, que era quen tiraba a foto…
O final da obra non nos convenceu a todos, así que a
profe propúxonos que o cambiásemos, como actividade final.
Entrementres, á nosa profe de ámbito sociolingüístico,
que tamén é profe de latín, ocurríuselle que nos podía apetecer asistir con ela
e con alumnos de latín e grego do centro ó Festival de Teatro Grecolatino que
cada ano organiza a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. E
alá nos fomos, a Coruña, a ver a representación da obra Asinaria, do comediógrafo romano Plauto. Pero, previamente, limos
unha adaptación da obra na clase, para que puidésemos entender mellor a
historia que íamos ver, dado que se trata dunha obra de teatro que ten máis de
2000 anos de antigüidade. Realizamos unha lectura dramatizada de Asinaria que resultou moi divertida. Tan
divertida, que nos quedaron ganas de repetir, e así limos a adaptación doutra
famosísima obra plautina: Miles gloriosus.
Cando rematamos A
Memoria da Choiva, a Fran ocurríuselle que podíamos celebralo almorzando
todos xuntos. Decidimos traer algo cada un ou cada dous, e tanto nos gustou a
primeira experiencia, que cando rematamos de ler a segunda comedia plautina,
repetimos. Algúns descubrimos que, ademais de gustarnos ler máis do que
pensábamos, tamén disfrutamos cociñando para os nosos amigos e que é un pracer
ver disfrutar á xente coa comida que ti fixeches
Na seguinte reportaxe fotográfica tedes mostras de todos
eses bos momentos vividos durante o presente curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario