O luns 10 de novembro, xuntamonos para falar da nosa primeira lectura do Club.Como sucede en Vigo, permitiunos falar de moitas cousas da nosa cidade: Cachamuiña e a Reconquista da nosa cidade, a Panificadora, O Castro, a rúa das Ostras,o Sireno, o Porto, o Museo do Marco, o Museo do Mar,... lugares dos que aprendemos cousas que non sabiamos. Tamén falamos de Sanjurjo Badía e descobrimos que non só e nome da rúa na que vivimos moitos de nos! Tivemos tamén unha clase de historia en torno á Batalla de Rande. A algún de nos gustaríanos sumerxirnos no fondo do mar coma Tintintimán, o noso protagonista, para recuperar os tesouros afundidos. E como non, non nos esquecimos de Xulio Verne, marabilloso escritor do Proxecto de Biblioteca deste curso.
|
Homenaxe á Batalla de Rande no Castro de Vigo |
|
Xulio Verne no porto de Vigo |
|
Cachamuiña
A Reconquista de Vigo
|
|
O amado e odiado Sereo |
|
O boia-porta-torpedos deseñado por Sanxurxo Badía e roubado do Museo de Mar polo noso prota |
No hay comentarios:
Publicar un comentario