Mostrando entradas con la etiqueta Antonio Seijas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antonio Seijas. Mostrar todas las entradas

9/6/15

Agustín Fernández Paz - Premio Clubs de Lectura 2015

Nas VIII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistimos, Agustín Fernández Paz foi premiado por ser o autor máis lido nos Clubs Escolares de Galicia  no 2014. Dende aquí, queremos dárlle a noraboa cun pequeno homenaxe.

                
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Figura elaborada pola escritora Cuqui Piñeiro 



Manuel Bragado, director da Editorial Xerais, recollendo o premio en nome de Agustín que non puido asistir
Na Feria do Libro de Vigo ( 2015 ) cos seus lectores
O curso pasado, os Clubs de 1º,2º e Fácil Lectura lemos a banda deseñada de Cartas de Inverno adaptada por Antonio Seijas

A súa última novela
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

11/6/14

Clubs 1º, 2º de ESO e Fácil Lectura- Cartas de Inverno de Antonio Seijas

Esta foi a derradeira sesión do curso. Foi sen dúbida o libro que máis nos gustou a todos.

Aqui tedes un resumo da sesión.

1.- Coñecimos a Agustín Fernández Paz a través da súa biografía e vimos todos os libros que temos deste autor na nosa biblioteca.

2.-   Que pensabamos que se podía ocultar detrás do título. E da foto da portada?

3.-  Quenes eran os Indianos? Vimos fotos de casas indianas en Galicia e Asturias.

4.- Coñeces algunha historia de medo relacionada con casas encantadas? Pasouche algo raro algunha vez?

Sara contounos a súa experiencia na casa dunha amiga.

5.- Que son os petroglifos? Que interpretación lle dades aos petroglifos da casa? ( páxina 33 ). Falamos da excursión que fixeron  en Lingua Galega a Campo Lameiro.



 6.- O labirinto de Mogor ( páxina 61 ). Comparamos o do libro con fotos reais do petroglifo e contamos a lenda de Teseo e o minotauro. Chegamos á conclusión de que a casa é un labirinto do que non se pode saír.

7.- Actuarías como Adrián e Xabier? A maioría chamariamos á policia ou fuxiriamos de alí.

8.- Quen pode ser a rapaza? Por que lles pide axuda? Aqui o debate foi longo. Tedes moita imaxinación!

9.- Que pensas que viu Tareixa no libro? Como chegou ata alí? Por que o queima? Aqui tamén debatemos bastante e falamos do lume purificador.

10.- En que momentos da lectura tiveches máis medo? As respostas son variadas: na páxina 80 cando sae o " monstruo", a cara de Adrián na páxina 38, ou algunhas litografías da rapaza.

11.- Gustouche a historia? As viñetas de Antonio Seijas? A forma de narrar? Cambiarías o final? Algúns finais foron interesantes. Sodes un pouco malvados!



Grazas por tódolos postres que trouxéchedes.
 Ata o curso que ven!