Aqui tedes un resumo da sesión.
1.- Coñecimos a Agustín Fernández Paz a través da súa biografía e vimos todos os libros que temos deste autor na nosa biblioteca.
2.- Que pensabamos que se podía ocultar detrás do título. E da foto da portada?
3.- Quenes eran os Indianos? Vimos fotos de casas indianas en Galicia e Asturias.
4.- Coñeces algunha historia de medo relacionada con casas encantadas? Pasouche algo raro algunha vez?
Sara contounos a súa experiencia na casa dunha amiga.
5.- Que son os petroglifos? Que interpretación lle dades aos petroglifos da casa? ( páxina 33 ). Falamos da excursión que fixeron en Lingua Galega a Campo Lameiro.
7.- Actuarías como Adrián e Xabier? A maioría chamariamos á policia ou fuxiriamos de alí.
8.- Quen pode ser a rapaza? Por que lles pide axuda? Aqui o debate foi longo. Tedes moita imaxinación!
9.- Que pensas que viu Tareixa no libro? Como chegou ata alí? Por que o queima? Aqui tamén debatemos bastante e falamos do lume purificador.
10.- En que momentos da lectura tiveches máis medo? As respostas son variadas: na páxina 80 cando sae o " monstruo", a cara de Adrián na páxina 38, ou algunhas litografías da rapaza.
11.- Gustouche a historia? As viñetas de Antonio Seijas? A forma de narrar? Cambiarías o final? Algúns finais foron interesantes. Sodes un pouco malvados!
Grazas por tódolos postres que trouxéchedes.
Ata o curso que ven!
No hay comentarios:
Publicar un comentario