26/10/15

As meigas de Lupa - María Solar


Hoxe, 26 de outubro, o Club de 1º de ESO tivo a súa primeira sesión.


Falamos de meigas, maxia, castros, do Pico Sacro, do Apóstolo Santiago e da Raiña Lupa entre outras moitas cousas. Foi unha sesión moi animada, acompañada da fermosa " banda sonora" do libro composta por David Alonso Garzón e de postres caseiros.

Grazas a todos por vir!

Biografia da autora:http://mariasolar.com/web/es/biografia/

Banda sonora:http://mariasolar.com/web/es/libros/as-meigas-de-lupa/
   http://www.alonsogarzon.es/




Castro de Vigo -  Estado actual das investigacións
«Traslado del cuerpo de Santiago el Mayor ante el palacio de la reina Lupa», de Martín Bernat (1480-1490) Museo del Prado

Visita guiada da Biblioteca Juan Compañel

Como todos os anos, o Club de 1º de ESO fixo unha visita guiada da Biblioteca Juan Compañel de Vigo. Aquí deixamos a reportaxe fotográfica da visita.









Visita do Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas

O día 20 de outubro, o Club de 1º de ESO fixo unha visita guiada deste centro sito no Casco Antigo da nosa cidade. Aquí tedes unhas fotos do noso paso por alí.

http://www.turismodevigo.org/es/centro-de-interpretacion-pn-illas-atlanticas