1/12/15

No somos los únicos que llevamos este estúpido apellido - Marie Aude Murail


O luns 30 de novembro, xuntámonos os clubs de 3º e 4º para intercambiar opinións sobre a nosa lectura. Falamos, entre outras moitas cousas, dos principais temas que aborda o libro como a violencia de xénero ou o abandono familiar. Estes son tratados con moita xusteza pola autora, xa que é capaz de abordalos dende o sentido do humor sen quitarlles seriedade. Lectura moi recomendable para todas as idades.

                              


Marie-Aude Murail (Seine-Maritime, Francia, 1954) nació en una familia de artistas. Después de unos prolongados estudios de Letras en la Sorbona, se consagró a sus libros y a su familia. En 2004 recibió la insignia de Caballero de la Legión de Honor por los servicios prestados a la literatura. Vivió muchos años en París y también en Burdeos, y actualmente vive en Orléans, donde se halla muy comprometida en la defensa de los hijos de los refugiados sin documentación. 

Lleva más de veinte años escribiendo para jóvenes y tiene más de ochenta títulos publicados, entre ellos varios ensayos sobre la literatura y los adolescentes. En Francia es una autora de renombre; en este país ha vendido más de un millón de libros y ha ganado decenas de premios. 

http://www.compartelibros.com







Ella es una pija engreída; Él, un caradura molón, y son medio hermanos. Acaban de enterarse de que tienen otros tres medio hermanos, dos feúchos y una rubita adorable, que necesitan un hogar... La guerra está servida porque Ella se pirra por tener a esa encantadora criatura que inventa tórridas historias de amor a sus barbies, pero comete dos errores: pasar por alto que los tres están firmemente unidos e ignorarle a Él, el irresponsable.







26/10/15

As meigas de Lupa - María Solar


Hoxe, 26 de outubro, o Club de 1º de ESO tivo a súa primeira sesión.


Falamos de meigas, maxia, castros, do Pico Sacro, do Apóstolo Santiago e da Raiña Lupa entre outras moitas cousas. Foi unha sesión moi animada, acompañada da fermosa " banda sonora" do libro composta por David Alonso Garzón e de postres caseiros.

Grazas a todos por vir!

Biografia da autora:http://mariasolar.com/web/es/biografia/

Banda sonora:http://mariasolar.com/web/es/libros/as-meigas-de-lupa/
   http://www.alonsogarzon.es/




Castro de Vigo -  Estado actual das investigacións
«Traslado del cuerpo de Santiago el Mayor ante el palacio de la reina Lupa», de Martín Bernat (1480-1490) Museo del Prado

Visita guiada da Biblioteca Juan Compañel

Como todos os anos, o Club de 1º de ESO fixo unha visita guiada da Biblioteca Juan Compañel de Vigo. Aquí deixamos a reportaxe fotográfica da visita.









Visita do Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas

O día 20 de outubro, o Club de 1º de ESO fixo unha visita guiada deste centro sito no Casco Antigo da nosa cidade. Aquí tedes unhas fotos do noso paso por alí.

http://www.turismodevigo.org/es/centro-de-interpretacion-pn-illas-atlanticas










21/9/15

Curso 2015/2016

Benvidos!

Estas son as lecturas seleccionadas para o 1º trimestre deste curso. Bo proveito!

1º de ESO

2º-3º de ESO
Fácil Lectura

4º de ESO
                                                                     

14/6/15

Lecturas para o verán

Aquí as tedes! Xa podedes pasar pola Biblioteca. Feliz verán!



9/6/15

Agustín Fernández Paz - Premio Clubs de Lectura 2015

Nas VIII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistimos, Agustín Fernández Paz foi premiado por ser o autor máis lido nos Clubs Escolares de Galicia  no 2014. Dende aquí, queremos dárlle a noraboa cun pequeno homenaxe.

                
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Figura elaborada pola escritora Cuqui Piñeiro 



Manuel Bragado, director da Editorial Xerais, recollendo o premio en nome de Agustín que non puido asistir
Na Feria do Libro de Vigo ( 2015 ) cos seus lectores
O curso pasado, os Clubs de 1º,2º e Fácil Lectura lemos a banda deseñada de Cartas de Inverno adaptada por Antonio Seijas

A súa última novela
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.