Nas VIII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistimos, Agustín Fernández Paz foi premiado por ser o autor máis lido nos Clubs Escolares de Galicia no 2014. Dende aquí, queremos dárlle a noraboa cun pequeno homenaxe.
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from
Bibliotecas Escolares de Galicia on
Vimeo.
|
Figura elaborada pola escritora Cuqui Piñeiro | | |
|
|
|
|
|
Manuel Bragado, director da Editorial Xerais, recollendo o premio en nome de Agustín que non puido asistir |
|
Na Feria do Libro de Vigo ( 2015 ) cos seus lectores |
|
O curso pasado, os Clubs de 1º,2º e Fácil Lectura lemos a banda deseñada de Cartas de Inverno adaptada por Antonio Seijas |
|
A súa última novela |
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de
escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As
fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun
hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só
viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao
terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar
nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os
deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán
descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo
irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é
unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os
medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola
desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín
Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario