4/4/14

Sesión Jordi Sierra i Fabra-1º e 2º de ESO

O luns 31 de marzo reunímonos para comentar a nosa lectura do 2º trimestre.

Na parte común da sesión, coñecimos un pouco mellor ao autor e a súa obra.

www.librosalfaguarajuvenil.com








Despois cada grupo intercambiou opinións do libro coa súa coordinadora. 





Os do Club de 2º de ESO, estivemos vendo a páxina da fundación Vicente Ferrer, para coñecer a este gran home e toda a labor que desenvolveu.


Tamén vimos a páxina do RDT ( Rural Development Trust ), que foi o hospital no que se inspirou o autor para o libro. 


Henar falounos das castas e principalmente dos dálits, casta á que pertence Viji. E pensar que algunhas de nos estaríamos xa casadas e con fillos se vivesemos na India!

E para finalizar, escoitamos a canción de Bob Dylan, Knocking on even doors, que da título ao libro.

1/4/14

Entrega premios logo

Noraboa a Noel, Sara e Noa!


Noa, Noel e Sara

27/3/14

PREMIO LOGO

      PREMIO LOGO CLUB DE LECTURA         
1º PREMIO COMPARTIDO:
Sara Gutiérrez ( 1 ºESO A )- Noa Cosme ( 2º ESO A )

ACCÉSIT: ( PREMIO ESPECIAL DO XURADO )
Noel Suárez ( 2 ºESO B )
    
     Noraboa!!!


Os premios entregaranse o luns 31 de marzo na sesión do Club.

                         Henar Pascual
              A coordinadora da Biblioteca

1º PREMIO COMPARTIDO

1º PREMIO COMPARTIDO



ACCÉSSIT

25/2/14

Contacontos no Frian- Club 4º de ESO

Hoxe estivemos no cole contándolles " O pirata pata de lata " e " Nadarín " aos rapaciños e rapaciñas de 3,4 e 5 anos, xa que o proxecto no que traballan este ano chámase " A lingua sabe a mar ". Pasámolo moi ben!

Grazas a toda a xente do noso centro que colaborou, especialmente a Maite por guiarnos tan ben nas nosas citas dos luns, e por estar ahí connosco o gran día.

E grazas tamén ao Frian polo recibimento, especialmente a Mónica pola súa excepcional coordinación e acollida.

O PIRATA PATA DE LATA









NADARÍN




ACTIVIDADES









MURAIS









INFANTIL 3 ANOS

INFANTIL 3 ANOS

INFANTIL 4 ANOS

INFANTIL 4 ANOS



INFANTIL 5 ANOS


REENCONTRO COAS PROFES DO COLE

AGASALLOS



24/2/14

Chamando ás portas do ceo - Club 2º de ESO

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.


La música del viento - Club 1º de ESO

Un periodista encuentra en una alfombra traída de India un mensaje del niño que la ha tejido. Es una petición de socorro, un grito desesperado, y no puede permanecer ajeno a él. Aunque millones de niños son explotados en el mundo, el mensaje tiene un nombre, Iqbal, y una procedencia: la ciudad de Madurai. Un viaje a la tienda donde fue comprada la alfombra enfrentará al protagonista con la realidad de los niños esclavos que son vendidos por sus propios padres. Iqbal murió hace tiempo,pero
 en su lugar sigue habiendo niños esclavos, igual que él. El protagonista deberá decidir qué puede hacer un occidental ante lo desconocido y en un mundo que permite la esclavitud infantil. Fiel a sus principios, rescatará a nueve niños que representan a Iqbal. El insólito desenlace de la historia, lleno de fuerza y coraje, es un canto a la esperanza ante el gran reto de la sociedad de erradicar definitivamente la explotación infantil.



Tom Sawyer - Club Fácil Lectura

Las aventuras de Tom Sawyer narra las andanzas de un chico, Tom Sawyer, y de su amigo Huckleberry Finn, a orillas del Misisipí. La novela está inspirada en los recuerdos de la infancia y la adolescencia del propio Mark Twain, plasmados con sencillez y gran sentido del humor. La obra consiguió un gran éxito y Tom Sawyer se convirtió rápidamente en uno de los personajes más importantes y queridos de la literatura norteamericana.