4/4/14

Sesión Jordi Sierra i Fabra-1º e 2º de ESO

O luns 31 de marzo reunímonos para comentar a nosa lectura do 2º trimestre.

Na parte común da sesión, coñecimos un pouco mellor ao autor e a súa obra.

www.librosalfaguarajuvenil.com








Despois cada grupo intercambiou opinións do libro coa súa coordinadora. 





Os do Club de 2º de ESO, estivemos vendo a páxina da fundación Vicente Ferrer, para coñecer a este gran home e toda a labor que desenvolveu.


Tamén vimos a páxina do RDT ( Rural Development Trust ), que foi o hospital no que se inspirou o autor para o libro. 


Henar falounos das castas e principalmente dos dálits, casta á que pertence Viji. E pensar que algunhas de nos estaríamos xa casadas e con fillos se vivesemos na India!

E para finalizar, escoitamos a canción de Bob Dylan, Knocking on even doors, que da título ao libro.

No hay comentarios: