21/2/13
Cartas de inverno chega á viñeta!
![]() |
| Antonio Seijas con Agustín Fernández Paz |
Antonio Seijas encargouse de
levar á banda deseñada a novela de terror de Agustín Fernández Paz con máis de
84.000 ventas.
Sen que estas cifras lle acobarden, Antonio Seijas (primeiro premio no certame de banda deseñada Castelao 2008), deu
un paso máis. Pasou a historia á viñeta, unha versión que xa saíu a luz tamén
con Edicións Xerais: 'Tiña claro que quería respeitar o máximo posible a obra
orixinal, pese a que Agustín deume total liberdade para abordalo; agás algunha
variación na linguaxe, é fiel á orixinal, como unha especie de homenaxe persoal
a Agustín Fernández Paz'.
Ao debuxante cautivoulle o conxunto da obra, pero especialmente que estivese
ambientada en Pontedeume, preto da súa vila, Ares.
O proxecto ve a luz
tras periodos ininterrumpidos de traballo. Cunha estética algo gótica e escura
que reflicten a soidade e o medo, pero sen caer no macabro, mostra o que lle
suxeríu o ilustrador: 'Recupero o estilo que utilicei no meu primeiro álbum, un
debuxo máis pictórico, onde as formas non lle dan tanto protagonismo a liña',
recoñece Seijas, que engade 'procuro crear ambientes coa cor e coa luz para
transmitir ao lector a mesma emoción que me produce a historia; supoño que
sacrifico o realismo da escea ante o sentimento'.
ana baena. vigo - 02-11-2012
ATLÁNTICO DIARIO, EDICIÓN DIXITAL
24/1/13
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Na sesión na que estivemos Iago, Erea e mais eu, Aida, estivemos falando do libro deste Club de lectura . Estivemos lendo o capítulo 11, que era o que nos parecía máis interesante. Tamén falamos da casa da portada e cambiámoslle o título. Falamos do munstruo que vía a protagonista e da nena do libro que cambiaba de posición. Pareceume unha sesión interesante pero aburrida, xa que eramos escasos alumnos. Seguro que coas novas incorporacións pasarémolo moito mellor!
| Aida |
| Erea, Iago, Aida e Trini, a nosa coordinadora |
23/1/13
Ás de bolboreta de Rosa Aneiros
O luns 21 de xaneiro, xuntámonos os membros do club de 2º de ESO e 1º de BACH para xantar e falar das nosas lecturas.
Para abrir a sesión do club de 1º de Bach, Henar, a coordinadora, falounos un pouquiño da " novela coral" e da " teoría dos 6 graos de separación".
Logo tentamos, sen éxito, resolver o misterio da numeración dos capítulos do libro.
Tamén falamos de tódolos temas e valores presentes na obra como a incomunicación, a vellez, a violencia de xénero, o racismo e a solidaridade. Alguhnas rapazas falaron dos seus avós e da atitude que teñen fronte á vida.
En canto ás personaxes, todas coincidimos en que a historia do avó e do neto foi a que máis nos gustou, porque pareceunos moi tenra.
Tamén vimos o vídeo de Layla de Eric Clapton, canción que aparece na historia de Aysel e Daray e que nos gusta moito.
Henar falounos un pouquiño do monte Gurugú e da fronteira de Marrocos con Melilla. Vimos unha curtametraxe de Alfonso Ungría que nos entristeceu bastante, porque non entendemos como se pode tratar así ás persoas. Pensamos que a de ser moi duro para eles arriscar as súas vidas dese xeito na percura dun mundo mellor.
Na nosa valoración final, coincidimos todas en que non nos gustou a forma de narrar as historias da autora, porque non sempre entendiamos o que lles sucedía aos protagonistas. Tampouco conseguimos collerlles cariño algún, precisamente porque había demasiadas historias e non profundizaba en exceso en ningunha en especial.
13/12/12
Anxos en tempos de chuvia de Miguel Vázquez Freire
Este libro gustounos moito a todos. Os protas viven en Vigo, polo que percorren varias partes da cidade que coñecemos dabondo como o barrio de Coia (a avenida Castelao, o Alcampo, a rúa Marín), a praia de Samil ou o Casco Vello. Podiamos imaxinalos perfectamente paseando por todos eses lugares tan familiares para nós.
Encariñámonos especialmente con Anxos, a súa protagonista. Ela narra as súas vivencias nun diario. Vemos como vai falando dos seus medos, ilusións,... e como vai madurando pouco a pouco. Fala sobre todo de Nando, o seu primeiro amor, e de todos os sentimentos novos que esperta nela. Pareceunos unha rapaza moi sensible, sinceira e valente.
Tamén gustounos moito Moncho, o seu irmán, porque se tivesemos que pasar polo mesmo ca él nas nosas vidas, actuariamos exactamente igual.
Aínda que as veces perdiámonos un pouco cando falaba de relixión e filosofía cos seus amigos, fíxonos meditar tamén a nós sobre estes temas.
| Bizcoito da profe Concha. Miam! |
Reflexionando sobre o título do libro, a nosa conclusión final é que independentemente das cousas boas ou malas que fixeron os protagonistas ó longo do relato, non os temos que xulgar, por iso todos son Anxos en tempos de chuvia.
Finalmente, queriamos destacar que o libro tivo una función terapéutica para a nosa amiga Alba, que desafortunadamente viviu unha experiencia similar na súa vida.
12/12/12
Usha de María Reimóndez
O luns 10 de decembro o grupo de 1º de ESO reuniuse para comentar o libro. Primeiro xantamos todos xuntos, cos do club de 3º de ESO e as profes, e logo intercambiamos impresións. As nosas coordinadoras foron dúas rapazas do club de bacharelato que o fixeron moi ben, co asesoramento da profe Concha.
| A profe Concha e os seus deliciosos postres! |
| Avellanitos |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



