Antonio Seijas con Agustín Fernández Paz |
Antonio Seijas encargouse de
levar á banda deseñada a novela de terror de Agustín Fernández Paz con máis de
84.000 ventas.
Sen que estas cifras lle acobarden, Antonio Seijas (primeiro premio no certame de banda deseñada Castelao 2008), deu
un paso máis. Pasou a historia á viñeta, unha versión que xa saíu a luz tamén
con Edicións Xerais: 'Tiña claro que quería respeitar o máximo posible a obra
orixinal, pese a que Agustín deume total liberdade para abordalo; agás algunha
variación na linguaxe, é fiel á orixinal, como unha especie de homenaxe persoal
a Agustín Fernández Paz'.
Ao debuxante cautivoulle o conxunto da obra, pero especialmente que estivese
ambientada en Pontedeume, preto da súa vila, Ares.
O proxecto ve a luz
tras periodos ininterrumpidos de traballo. Cunha estética algo gótica e escura
que reflicten a soidade e o medo, pero sen caer no macabro, mostra o que lle
suxeríu o ilustrador: 'Recupero o estilo que utilicei no meu primeiro álbum, un
debuxo máis pictórico, onde as formas non lle dan tanto protagonismo a liña',
recoñece Seijas, que engade 'procuro crear ambientes coa cor e coa luz para
transmitir ao lector a mesma emoción que me produce a historia; supoño que
sacrifico o realismo da escea ante o sentimento'.
ana baena. vigo - 02-11-2012
ATLÁNTICO DIARIO, EDICIÓN DIXITAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario