O luns 21 de xaneiro, xuntámonos os membros do club de 2º de ESO e 1º de BACH para xantar e falar das nosas lecturas.
Para abrir a sesión do club de 1º de Bach, Henar, a coordinadora, falounos un pouquiño da " novela coral" e da " teoría dos 6 graos de separación".
Logo tentamos, sen éxito, resolver o misterio da numeración dos capítulos do libro.
Tamén falamos de tódolos temas e valores presentes na obra como a incomunicación, a vellez, a violencia de xénero, o racismo e a solidaridade. Alguhnas rapazas falaron dos seus avós e da atitude que teñen fronte á vida.
En canto ás personaxes, todas coincidimos en que a historia do avó e do neto foi a que máis nos gustou, porque pareceunos moi tenra.
Tamén vimos o vídeo de Layla de Eric Clapton, canción que aparece na historia de Aysel e Daray e que nos gusta moito.
Henar falounos un pouquiño do monte Gurugú e da fronteira de Marrocos con Melilla. Vimos unha curtametraxe de Alfonso Ungría que nos entristeceu bastante, porque non entendemos como se pode tratar así ás persoas. Pensamos que a de ser moi duro para eles arriscar as súas vidas dese xeito na percura dun mundo mellor.
Na nosa valoración final, coincidimos todas en que non nos gustou a forma de narrar as historias da autora, porque non sempre entendiamos o que lles sucedía aos protagonistas. Tampouco conseguimos collerlles cariño algún, precisamente porque había demasiadas historias e non profundizaba en exceso en ningunha en especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario