Se queres coñecer un pouco mellor a César Mallorquí, preme no seguinte enlace:
http://www.letrasdeencuentro.es/escritores.php?autor=36
Aquí tes o booktrailer do libro:
https://www.youtube.com/watch?v=B5cxlTOkkE8
1.- Resume o motivo que da orixe a viaxe de Xabier a Santander. Onde se hospeda?
2.-Na biblioteca da casa, Xabier contempla varios retratos, pero entre eles hai un que lle chama a atención. Indica de quen é e que sabe nese momento desa muller.
3.- A súa vida na Villa Candelaria transcorre de forma monótona, ata que un día suceden tres cousas.Cales son?
4.- Na biblioteca atopa una versión antiga do Frankenstein de Mary Shelly. Que atopa na súas páxinas?
5.- A raíz da historia que lle conta Violeta sobre Beatriz, cal é a primeira hipótese que fan sobre o Savanna? Paréceche crible?
6.- Chegado un momento, é evidente que hai unha presenza na casa.Indica dúas das manifestacións que fan que Xabier crea finalmente nas pantasmas.
7.- No trasteiro da casa, Xabier e Violeta atopan unha pista que lles axuda a resolver o misterio de Beatriz. De que se trata?
8.- Quen é Amalia? Que significa este nome na novela?
9.- Finalmente, que foi o que realmente lle sucedeu a Beatriz? Xustificarías a atitude de Amalia?
10.- O tío Lois devolve as lágrimas de Shiva á familia Mendoza. Pareceche correcta esa atitude?
11.- Cres que na vida real un conflicto non resolto entre dúas familias pode chegar a arrastrarse durante 70 anos?
12.- Xabier cambia a versión acerca de como atopou o colar. Pensas que fixo ben? Farías ti o mesmo?
13.- Describe a personalidade das catro primas de Xabier. Cal foi a que máis che gustou?
14.- Que cres que sucedeu co paso do tempo entre Violeta e Xabier. Por que o autor da novela non nos di nada?
15.- E tí, cres nas pantasmas?
16.- A novela está ambientada nunha época moi concreta e, nalgúns aspectos moi diferente da nosa. Sinala e comenta as semellanzas e diferenzas entre aqueles anos e a actualidade.
17.- A familia Obregón non ten televisión, e cando o pai fabrica unha, non parecen prestárlle demasiada atención.Sorprendéuche? Poderías vivir sen tele?
18.- Gustóuche o libro? Argumenta a túa resposta.
Mostrando entradas con la etiqueta book trailer las lágrimas de shiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta book trailer las lágrimas de shiva. Mostrar todas las entradas
23/11/14
21/2/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
