22/4/16

Obradoiro da historia da escritura - Club de 4º de ESO e Club de Français

Para conmemorar o día do Libro, xunto cos compañeiros de 3º que traballaron no PLAMBE, os rapaces destes dous Clubs asistiron a un fermosísimo obradoiro. Viaxaron no tempo seguindo as pistas das expresións dende as paredes das covas paleolíticas ata a imprenta de Gutenberg, pasando pola escritura en taboíñas de barro sumerias, papiro, pergamino, manuscritos iluminados e códices. Aquí tedes algunhas fotos e un vídeo da actividade.













18/4/16

Erik Vogler y los crímenes del rey blanco - Sesión 1º de ESO

Estupenda sesión a de hoxe na que falamos do excéntrico Erik, da súa peculiar avóa e do misterioso Albert Zimmer. Os rapaces contaron as súas experiencias paranormais ( e foron moitas! ) e falaron tamén das súas relacións coas súas avóas. Fixeron de detectives explicando como terían levado a investigación. Os que saben de xadrez, explicáronnos o papel do rei branco no taboleiro do xogo. Analizamos tamén as pistas e falsas pistas que nos daba a autora ao longo do libro. En canto ao desenlace da obra, falamos dalgunha peli de medo que recordamos ao ler esta parte. Dicir  tamén que botamos en falta unha " despedida "de Sandra Nadel. E para finalizar, escoitamos " La muerte y la doncella " de Schubert, música clave da novela. Canta intensidade! 

O libro encantounos e varios rapaces levaron xa para casa a 2ª,3ª e 4ª aventura de Erik.








14/4/16

Erik Vogler y los crímenes del rey blanco - Beatriz Osés

Beatriz Osés (Madrid, 1972). Es licenciada en Periodismo por la Universidad Complutense de Madrid, aunque actualmente ejerce la docencia como profesora de Lengua y Literatura en Extremadura. Participa como ponente en seminarios y actividades de animación a la lectura y escritura creativa. Ha sido galardonada con los premios Joaquín Sama y Giner de los Ríos a la innovación educativa, el Premio Lazarillo de Creación literaria 2006 por su obra Cuentos como pulgas, el Premio Internacional de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela 2008 por El secreto del oso hormiguero y el Premio de Novela Juvenil La Brújula 2010 por El cuentanubes, obra con la que fue finalista del Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2011. 

http://beatrizosesgarcia.blogspot.com.es/

http://www.beatrizoses.com/

1. Erik Vogler y los crímenes del rey blanco
Para el estrafalario Erik Vogler, maniático del orden y la pulcritud, las cosas no podían empezar peor aquellas vacaciones de Semana Santa: en lugar del soñado viaje a Nueva York con su padre, iba a tener que pasar esos días con su abuela. Aun así, ni en su peor pesadilla el obsesivo y temeroso Erik hubiera imaginado que se vería involucrado en los asesinatos en serie que estaban conmoviendo a toda Alemania. Con un protagonista aparentemente repelente, la escritora Beatriz Osés ha iniciado una de las más originales sagas de novelas policíacas de los últimos años. Impactante y sorprendente en cada frase. Te atrapa desde el primer capítulo en una espiral de tensión. Puro thriller. Una vuelta de tuerca a la literatura paranormal combinada con el género negro.




2. Erik Vogler en muerte en el balneario3. Erik Vogler y la maldición Misty Abbey-Castle4. Erik Vogler y la chica equivocada


11/4/16

Unha estrela no vento - Sesión 2º de ESO

Hoxe xuntámonos para falar da primeira novela de Ledicia Costas e temos que dicir que nos gustou especialmente. Falamos de moitas cousas:
  • relacións entre profes e alumnado
  • relacións cos pais na adolescencia
  • amizade
  • solucións que existen para poder resolver conflictos sen enfrontamentos físicos
  • costumes xitanos
  • aceptación ou rechazo de persoas " distintas " a nós
  • música española dos 90 
  • poesía


Unha estrela no vento - Ledicia Costas


Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014) e en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015. Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.


Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

4/4/16

Europa Express - Sesión 4º de ESO

Xuntámonos hoxe 4 de abril para falar desta obra. Hora e media sen descanso que deu para moito! Tras ler a biografía de Andrea e a opinión do xurado que lle concedeu o premio Xulio Verne 2015, empezamos analizando a súa estrutura coral e os saltos de presente a pasado nos capítulos. Falamos tamén longo e tendido das relacións entre as personaxes  e das afinidades e antipatías que despertaron en nós. Opinamos sobre as diferenzas entre o amor apaixoado e o máis " pausado ". O final de Europa Express deu tamén lugar a bastante debate (Tranquilos, non imos desvelar nada). Todos coincidiron en que eles tamén farían un Interrail ao finalizar o Bacharalato. Para concluir, comentamos a experiencia que supuxo para eles marchar a Roma de viaxe de fin de etapa fai quince días. 


Europa Express - Andrea Maceiras



Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.
Maceiras, Andrea
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. No eido do relato curto obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre nas modalidades de narrativa e poesía, así como o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos ‘Os Viaductos’ do Concello de Redondela polo seu relato “Cando foi a última vez que pasou fame de verdade?”. A súa primeira novela xuvenil, “Proxecto Bolboreta”, é publicada na colección Fóra de Xogo en Xerais no ano 2007 como obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. No 2010 queda finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia. Nese mesmo ano gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra “Violeta Tamurana” (2010), que tamén queda finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011. Con “Nubes de evolución” (Xerais, 2013) quedou finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014. Con “Volverás, golfiño” (Xerais, 2014) quedou finalista do Premio Merlín, 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con “Europa Express” (Xerais, 2015).