Xuntámonos hoxe 4 de abril para falar desta obra. Hora e media sen descanso que deu para moito! Tras ler a biografía de Andrea e a opinión do xurado que lle concedeu o premio Xulio Verne 2015, empezamos analizando a súa estrutura coral e os saltos de presente a pasado nos capítulos. Falamos tamén longo e tendido das relacións entre as personaxes e das afinidades e antipatías que despertaron en nós. Opinamos sobre as diferenzas entre o amor apaixoado e o máis " pausado ". O final de Europa Express deu tamén lugar a bastante debate (Tranquilos, non imos desvelar nada). Todos coincidiron en que eles tamén farían un Interrail ao finalizar o Bacharalato. Para concluir, comentamos a experiencia que supuxo para eles marchar a Roma de viaxe de fin de etapa fai quince días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario