Estupenda sesión a de hoxe na que falamos do excéntrico Erik, da súa peculiar avóa e do misterioso Albert Zimmer. Os rapaces contaron as súas experiencias paranormais ( e foron moitas! ) e falaron tamén das súas relacións coas súas avóas. Fixeron de detectives explicando como terían levado a investigación. Os que saben de xadrez, explicáronnos o papel do rei branco no taboleiro do xogo. Analizamos tamén as pistas e falsas pistas que nos daba a autora ao longo do libro. En canto ao desenlace da obra, falamos dalgunha peli de medo que recordamos ao ler esta parte. Dicir tamén que botamos en falta unha " despedida "de Sandra Nadel. E para finalizar, escoitamos " La muerte y la doncella " de Schubert, música clave da novela. Canta intensidade!
O libro encantounos e varios rapaces levaron xa para casa a 2ª,3ª e 4ª aventura de Erik.
No hay comentarios:
Publicar un comentario