Para conmemorar o día do Libro, xunto cos compañeiros de 3º que traballaron no PLAMBE, os rapaces destes dous Clubs asistiron a un fermosísimo obradoiro.
Viaxaron no tempo seguindo as pistas das expresións dende as paredes das covas paleolíticas ata a imprenta de Gutenberg, pasando pola escritura en taboíñas de barro sumerias, papiro, pergamino, manuscritos iluminados e códices.
Aquí tedes algunhas fotos e un vídeo da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario