Mostrando entradas con la etiqueta ledicia costas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ledicia costas. Mostrar todas las entradas

11/4/16

Unha estrela no vento - Sesión 2º de ESO

Hoxe xuntámonos para falar da primeira novela de Ledicia Costas e temos que dicir que nos gustou especialmente. Falamos de moitas cousas:
  • relacións entre profes e alumnado
  • relacións cos pais na adolescencia
  • amizade
  • solucións que existen para poder resolver conflictos sen enfrontamentos físicos
  • costumes xitanos
  • aceptación ou rechazo de persoas " distintas " a nós
  • música española dos 90 
  • poesía


Unha estrela no vento - Ledicia Costas


Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014) e en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015. Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.


Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

11/3/15

3º de ESO - O corazón de Xúpiter

Xuntámonos o 2 de marzo para intercambiar as nosas opinións sobre este estupendo libro. Foi unha das sesións sen dúbida máis productivas do curso. E para ambientala,fixémola na aula de 4º de PDC rodeados de constelacións!

Traballo realizado por Carmen Domínguez e os seus titorandos de 4º de PDC