3/10/13

Comezamos!


O luns 30 de setembro e o martes 1 de outubro, o alumnado do Club foi polas aulas para animar aos seus compañeiros e compañeiras a apuntarse no Club. 


¡Que non se diga que non estades avisados!

17/6/13

Clausura do Club


Para clausurar o Club, elaboramos unha pequena enquisa para coñecer a vosa valoración. Aquí tendes un breve resumo do que máis vos gustou .

1º e 2º  de ESO:

  • Sombras de Marta Rivera de la Cruz.
  • Visita da Biblioteca Pública do Casco Vello de Vigo.
  • Comer todos xuntos no instituto os luns en que había sesión.

3º de ESO:

  • O contacontos que preparamos para o CPI Frián.
  • Comer todos xuntos.



1º de BACH:

  • Visita da Residencia Geriatros e elaboración dun libro.
  • L’Avare de Molière.
  • Visita da Biblioteca Pública do Casco Vello de Vigo.

FÁCIL LECTURA:

  • Miniserie da Illa do tesouro.
  • Elaboración do vídeo coas opinións do Principiño.

En canto ó blog:

·         Información complementaria do libro.

·         Fotos das sesións ou saídas.

·         Vídeos das actividades.

¡Grazas polas vosas opinións!

La isla del tesoro


No Club de Fácil Lectura  traballamos coa versión adaptada da Illa do tesouro. Tivemos unha sesión semanal na que lemos en voz alta e fixemos todo tipo de actividades para facilitar a nosa comprensión lectora, enriquecer o noso vocabulario e mellorar a expresión. Visionamos  a miniserie baseada no libro e fixemos unha merenda. 
 
 ¡O curso que vén queremos seguir no Club!


De esquerda a dereita: Lucía, Santi, Cristian, Christopher e Alex

Disfrutando coa peli

Merendando


27/5/13

Sombras de Marta Rivera de la Cruz

Hoxe 27 de maio, reunímonos os membros do Club de 1º e 2º de ESO para falar do último libro deste curso.

Gustounos moito a tod@s porque a trama era realmente intrigante e a forma de narrala moi lograda. Entre outras cousas debatemos a cerca do título e decidimos preguntárlle á autora porque llo puxera xa que nós tiñamos varias opinións ao respeto. Tamén falamos do final; pensamos que é un pouco precipitado xa que queda algún interrogante por resolver. Será porque a autora ten pensado facer unha segunda parte?!

Para rematar a sesión, visitamos a páxina de Marta Rivera e mandámoslle unha serie de preguntas sobre o libro. Estamos impacentes por recibir resposta!

Estas son algunhas das preguntas:

1.- Que significado ten o título?
2.- Como preparaches a trama?
3.- En que te inspiraches para facer a historia?
4.- Por que o libro comeza coa historia do can?
5.- Pensaches nalgún pobo que existe realmente e o adaptaches para a novela?
6.- Tes pensado facer unha segunda parte?
 
     
Xantando na herba
Postres caseiros
Elaborando preguntas
Visitando a páxina da autora

7/5/13

Contacontos no Frián

Os días 29 e 30 de abril, o alumnado do Club de 3º de ESO estivemos no cole Frián contándolles contos aos rapaciños e rapaciñas de Infantil e 1º curso de Primaria. Pasámolo moi ben e foi para nós un pracer voltar ao noso antigo cole onde nos recibiron con moito agarimo! 

Moitas grazas a todos e todas, e en especial a Maite e Mónica pola súa valiosísima colaboración.




Neste enlace, podedes ver a reseña sobre a actividade que fixeron no blog do Frian: http://olardefriancinho.blogspot.com.es

23/4/13

DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODAS E TODOS!
 




Traballo elaborado pola profesora Amalia e o seu alumnado de 2ºESO B










16/4/13

Visita da residencia Geriatros

O mercores 10 de abril, o club de 1º de Bacharelato fomos á residencia de anciáns Geriatros facer unha actividade cos avós e avoas que alí residen. Aquí tendes o noso guión de presentación e un vídeo que relata o noso paso por alí. Foi para tod@s nós unha experiencia inesquecible.

Boa tarde,

Somos participantes do Club de Lectura do Instituto República Oriental do Uruguai que está aquí ó lado. Cando estabamos programando actividades, pareceunos unha boa idea contactar con vós xa que, a pesar de estar tan preto non nos coñeciamos e apetecíanos romper esa barreira interxeracional.

Sentimos curiosidade por saber como erades cando tiñades a nosa idade e por iso ocorréusenos elaborar unhas entrevistas para que as vosas vivencias nos servisen de aprendizaxe e ó mesmo tempo puidesedes revivir eses bos momentos.

Posteriormente, con todo o recompilado, faremos un libro coas vosas historias para que o teñamos todos de recordo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e por permitirnos estar hoxe aquí. Esperamos pasar un bo momento.



Se queredes ver as preguntas que lles fixemos, téndelas na marxe dereita do blog.