O mercores 10 de abril, o club de 1º de Bacharelato fomos á residencia de anciáns Geriatros facer unha actividade cos avós e avoas que alí residen. Aquí tendes o noso guión de presentación e un vídeo que relata o noso paso por alí. Foi para tod@s nós unha experiencia inesquecible.
Boa tarde,
Somos participantes do Club de Lectura do Instituto República Oriental do Uruguai que está aquí ó lado. Cando estabamos programando actividades, pareceunos unha boa idea contactar con vós xa que, a pesar de estar tan preto non nos coñeciamos e apetecíanos romper esa barreira interxeracional.
Sentimos curiosidade por saber como erades cando tiñades a nosa idade e por iso ocorréusenos elaborar unhas entrevistas para que as vosas vivencias nos servisen de aprendizaxe e ó mesmo tempo puidesedes revivir eses bos momentos.
Posteriormente, con todo o recompilado, faremos un libro coas vosas historias para que o teñamos todos de recordo.
Moitas grazas pola vosa colaboración e por permitirnos estar hoxe aquí. Esperamos pasar un bo momento.
Se queredes ver as preguntas que lles fixemos, téndelas na marxe dereita do blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario