Os días 29 e 30 de abril, o alumnado do Club de 3º de ESO estivemos no cole Frián contándolles contos aos rapaciños e rapaciñas de Infantil e 1º curso de Primaria. Pasámolo moi ben e foi para nós un pracer voltar ao noso antigo cole onde nos recibiron con moito agarimo!
Neste enlace, podedes ver a reseña sobre a actividade que fixeron no blog do Frian: http://olardefriancinho.blogspot.com.es