23/11/14

2º de ESO As lágrimas de Shiva

Se queres coñecer un pouco mellor a César Mallorquí, preme no seguinte enlace:
http://www.letrasdeencuentro.es/escritores.php?autor=36

Aquí tes o booktrailer do libro:
https://www.youtube.com/watch?v=B5cxlTOkkE8


 1.- Resume o motivo que da orixe a viaxe de Xabier a Santander. Onde se hospeda?

2.-Na biblioteca da casa, Xabier contempla varios retratos, pero entre eles hai un que lle chama a atención. Indica de quen é e que sabe nese momento desa muller.

3.- A súa vida na Villa Candelaria transcorre de forma monótona, ata que un día suceden tres cousas.Cales son?

4.-  Na biblioteca atopa una versión antiga do Frankenstein de Mary Shelly. Que atopa na súas páxinas?

5.- A raíz da historia que lle conta Violeta sobre Beatriz, cal é a primeira hipótese que fan sobre o Savanna? Paréceche crible?

6.-  Chegado un momento, é evidente que hai unha presenza na casa.Indica dúas das manifestacións que fan que Xabier crea finalmente nas pantasmas.

7.- No trasteiro da casa, Xabier e Violeta atopan unha pista que lles axuda a resolver o misterio de Beatriz. De que se trata?

8.-  Quen é Amalia? Que significa este nome na novela?

9.- Finalmente, que foi o que realmente lle sucedeu a Beatriz? Xustificarías a atitude de Amalia?

10.- O tío Lois devolve as lágrimas de Shiva á familia Mendoza. Pareceche correcta esa atitude?

11.- Cres que na vida real un conflicto non resolto entre dúas familias pode chegar a arrastrarse durante 70 anos?

12.- Xabier cambia a versión acerca de como atopou o colar. Pensas que fixo ben? Farías ti o mesmo?

13.-  Describe a personalidade das catro primas de Xabier. Cal foi a que máis che gustou?

14.- Que cres que sucedeu co paso do tempo entre Violeta e Xabier. Por que o autor da novela non nos di nada?

15.- E tí, cres nas pantasmas?

16.- A novela está ambientada nunha época moi concreta e, nalgúns aspectos moi diferente da nosa. Sinala e comenta as semellanzas e diferenzas entre aqueles anos e a actualidade.

17.- A familia Obregón non ten televisión, e cando o pai fabrica unha, non parecen prestárlle demasiada atención.Sorprendéuche? Poderías vivir sen tele?

18.- Gustóuche o libro? Argumenta a túa resposta.


No hay comentarios: