12/12/13

Sesión 1º de ESO-EL SECRETO DE IF de Ana Alonso e Javier Pelegrín

O luns 9 de decembro reunímonos para falar do libro. Primeiro visionamos un powerpoint de fantasía épica, xénero literario ao que pertence a novela, para entrar en materia. Descobrimos varias obras que non coñecíamos. Falamos das pelis e series baseadas nesas obras, de videoxogos e tamén de Laura Gallego, Ana Alonso e Javier Pelegrín. Algúns incluso recomendamos algunha triloxía do xénero:
                          




Posteriormente, intercambiamos impresións  sobre o libro. Gustounos moito a todos e coincidimos en que o final e totalmente aberto. Incluso imaxinamos  como sería a segunda parte.Vimos tamén a edición ilustrada para ver se os personaxes eran como os imaxinábamos. ¡A sesión deu para moito!



9/12/13

Sesión 2º de ESO-PODEROSA de Sérgio Klein


O luns 2 de decembro, reunímonos para falar do libro.

- Gustounos bastante a todos/as en xeral aínda que pensamos que algunhas historias non quedaron ben pechadas.
- Debatemos a cerca de como Joana usa o seu poder e falamos de como o usaríamos nós no seu lugar.
-  Henar e Yolanda contáronnos quen era Xoana de Arco e explicáronnos tamén que é o S.P.
- Falamos de piercings e tatoos,de se nos faríamos un e dos que teñen as nosas irmáns  e nais!
- Finalmente, todos pensamos no que faríamos se tivesemos o poder de Joana por un día no instituto.

      Antía: Transformaría o instituto para que deixe de parecer un cárcere e cambiaría o son da serea!

      Daiana: Transformaría a todo o mundo en anime !

      Noel: Faría desaparecer os exames!

     Oumar: Transformaría os libros en videoxogos!

     Roi: Pararía o tempo na metade dun exame para poder copiar as respostas!

     Noa: Transformou o instituto nunha película de ciencia ficción!

      Laura: Pediría máis días de poder!

     Yolanda: Que todos fósemos boísimos en tecnoloxía!

      Henar: Que todos falásemos perfectamente francés!



E por suposto, algúns imos ler Poderosa 2 porque queremos saber que vai pasar con algunhas das historias.

Poderosa 2

21/11/13

SESIÓN 4º DE ESO-O BOSQUE DE LEVAS. Película e encontro co autor.


O xoves 14 de novembro, as alumnas do Club de 4º fomos ao auditorio do Concello ver a película baseada na obra que lemos no Club. Despois do visionado, o autor charlou connosco explicándonos entre outras cousas como se adaptou a novela á pantalla ou como se filmou a escena das ratas no barco. Para rematar, asinou os exemplares que lle levamos.

Grazas á profe Antía por convidarnos a participar nesta actividade tan completa organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.









23/10/13

Marta Rivera de la Cruz

 
O martes 23 de outubro, achegámonos á libraría Cronopios de Pontevedra para coñecer a Marta Rivera de la Cruz. Os de 2º de ESO recordarédela polo libro de Sombras que tanto vos gustou. Ela acordábase de nós e asinounos uns cantos exemplares, así como un cartel que xa poñeremos na biblioteca.  ¡Grazas Marta!
 
 
 


 
 

21/10/13

O bosque de Levas - 4º de ESO

                                                                                      
                    
Unha novela repleta de humor na que un estraño personaxe vido do alén aparece na Galicia do século XX. Un liberal axustizado durante o reinado de Fernando VII, vai visitar, por obra e graza da arte narrativa, a Galicia de finais da centuria pasada. Co recurso do contraste entre dúas realidades históricas, esta divertida novela introdúcenos nun universo literario que opta polo humor como vía de interpretación da realidade.

Notre-Dame de Paris - Club de Français


Résumé
Au printemps 1482, la cathédrale de Notre-Dame assiste impassible aux joies et aux horreurs du Moyen Âge. Quatre personnages dominent la scène : Quasimodo, l’archidiacre de Notre-Dame, Esmeralda et Phœbus de Châteaupers.
Victor Hugo nous raconte l’histoire de ces destinées qui se croisent et nous entraînent vers un dénouement tragique.

La Isla del tesoro - Fácil lectura

 
Sinopse
Un misterioso mariño cunha pata de pau escóndese na pousada Almirante Benbow, e dende o momento en que o mozo Jim Hawks se apodera do mapa dunha illa deserta onde se esconde unha fortuna en ouro roubado, nada volverá ser igual.

Jim, Squire Trelawney e o doutor Livesey embárcanse xunto ao capitán Smollet na Hispaniola rumbo á máis fascinante aventura de todos os tempos. Pronto descubrirán que a tripulación está formada por viláns e filibusteiros ás ordes de John Silver, cociñeiro e pirata a bordo, quen tamén cobiza o tesouro...