|
Vicente, Alba, Ana, María e Dani |
A última sesión do Club de 4º foi intensa, cunha mestura de tristeza e esperanza.
Falamos de moitas cousas, e resulta bastante complicado resumilas.
1.- Impresións sobre a portada e o título.
2.- Primeira frase do libro: "Vas morrer".
3.- Leucemia: que é? Coñecemos a alguén que padeza esta enfermidade?
4.- Debate: Se fosemos nós, gustaríanos que o médico nos dese a noticia ou preferiríamos que fosen os nosos pais?
5.- Como reacciona Nils? Reaccionaríamos igual?
6.- A relación de Nils cos seus pais e amigos. Como actuaríamos se tivesemos un amigo con cancro?
7- Os correos que Nils lle manda á súa irmá. Por que nunca lle contesta?
8.- O medo de Nils polas noites no hospital.
9.- A transformación de Nils.
10.- Helen. Que lle aporta a Nils? E él a ela? Que relación teñen?
11.- A relación de Nils cos outros rapaces do hospital.
11.- A decisión de Nils de permanecer no hospital.
12.- Gústanos o trato que teñen o médico e a psicóloga con él?
13.- Morrerá Nils antes ou despois de Helen?
14.- A descripción que fai do seu enterro.
15.- Lemos as derradeiras páxinas: a morte de Helen.
Todos aprendimos moito con este libro, e a pesar da súa dureza
recomendámolo, xa que nos fixo reflexionar a cerca de moita cousas.