15/6/16

DESPEDIDA CLUBS 2015-16

Con este vídeo que resume o que fixemos este ano despedímonos. Grazas e ata o curso que ven!

Fácil Lectura - DIVERPIÑA

Este curso decidimos plantexarnos un reto: a lectura dun libro de case 500 páxinas e en galego. A obra elixida foi A Memoria da Choiva de Pedro Feijoo. Levounos o noso tempo, pero démolo rematado. Conseguimos o noso reto! Ademais, fixémolo entre todos, como unha piña que somos, lendo unha páxina cada un, tantas páxinas como podíamos no que duraba a clase de ámbito sociolingüístico.
            Nalgunha das fotos poderedes vernos moi concentrados lendo porque xa estábamos moi enganchados á historia. Bueno, todos menos Aitana, que era quen tiraba a foto…
            O final da obra non nos convenceu a todos, así que a profe propúxonos que o cambiásemos, como actividade final.
            Entrementres, á nosa profe de ámbito sociolingüístico, que tamén é profe de latín, ocurríuselle que nos podía apetecer asistir con ela e con alumnos de latín e grego do centro ó Festival de Teatro Grecolatino que cada ano organiza a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. E alá nos fomos, a Coruña, a ver a representación da obra Asinaria, do comediógrafo romano Plauto. Pero, previamente, limos unha adaptación da obra na clase, para que puidésemos entender mellor a historia que íamos ver, dado que se trata dunha obra de teatro que ten máis de 2000 anos de antigüidade. Realizamos unha lectura dramatizada de Asinaria que resultou moi divertida. Tan divertida, que nos quedaron ganas de repetir, e así limos a adaptación doutra famosísima obra plautina: Miles gloriosus.
            Cando rematamos A Memoria da Choiva, a Fran ocurríuselle que podíamos celebralo almorzando todos xuntos. Decidimos traer algo cada un ou cada dous, e tanto nos gustou a primeira experiencia, que cando rematamos de ler a segunda comedia plautina, repetimos. Algúns descubrimos que, ademais de gustarnos ler máis do que pensábamos, tamén disfrutamos cociñando para os nosos amigos e que é un pracer ver disfrutar á xente coa comida que ti fixeches

            Na seguinte reportaxe fotográfica tedes mostras de todos eses bos momentos vividos durante o presente curso.  
















6/6/16

Quedada literaria - Clubs 1º e 2º de ESO

O luns 23 de maio, estivemos no parque de Castrelos de Vigo contándolles contos a rapaciños e rapaciñas de varios coles de Vigo. Regaláronnos marcapáxinas e pasamos unha mañá moi agradable con eles. No seguinte vídeo tendes as fotos do noso encontro















3/6/16

Engurras - Sesión 3º-4º de ESO

O luns 23 de maio, reunímonos para ver a peli baseada no libro e intercambiar impresións. A peli pareceunos unha boa adaptación e todos coincidimos en que Engurras espertou en nós unha mestura de tristeza en tenrura hacia as personaxes. Os rapaces falaron dos seus avós e fixéronlles unhas entrevistas para coñecelos un pouco mellor. É aquí a que Noel de 4º de ESO lle fixo a súa avoa.


ENTREVISTA

1.         Como se chama vostede?

Victoria Vieites Fernandez

2.         Cando e onde naceu?

O 5 de Decembro de 1934 en Santa María de Mera (Ortigueira).

3.         Que estudos ten?

Os estudos primarios de aquela época.

4.         Gostáballe ir ao colexio/instituto cando era xoven?

Sí, chorabamos por ir a escola, porque senon había que ir lindar as vacas.

5.         Que tipo de estudante era?

Moi boa estudante.

6.         Como era a educación no seu tempo?

Escola Unitaria: unha mestra sola para 30-40 nenas de idades diferentes entre os 6 e 14 anos. Non era obrigatorio ir ao colexio. As clases estaban separadas por sexos (os nenos cun mestre e as nenas cunha mestra).

7.         Tiña moitos amigos? Como eran? Como se divertían?

Sí, a maioría amigas, porque no tempo de lecer tamén separaban por sexos. As nenas xogaban entre elas á saltar á corda, á pita cega, á chapa, á roda...

8.         Aún é amiga dalgunha persoa desa época da súa vida?

Sí, as que siguen vivindo cerca: outras morreron e outras emigraron.

9.         Cales son os seus millores recordos do colexio/instituto? E os peores?

Todos os recordos que teño do colexio son bos, ningún malo. Pasabao ben, xogaba cas amigas e librábame das tarefas da casa.

10.       Houbo algún mestre que tiveran unha influencia particular na súa vida?

Sempre tivemos a mesma e era moi boa profesora. Fomentaba a asistencia dos nenos falando cos pais e aplicábase máis cos que iban menos. Todos aprendíamos moito.

11.       Cando tiña a nosa idade, cales eran as súas aficiones no seu tempo de lecer?

Xuntarse coas amigas na ponte, unha plaza onde todos os rapaces do pobo reuníanse.

12.       Que quería ser de maior? Conseguiuno?

Quería ser modista, conseguino en parte, aprendín a coser como afición.

13.       Que sitios visitou cando era nova?

Nada: ibamos ver ás cataratas do río, unha ou dúas veces a Ferrol, Ortigueira, Cariño, e as feiras dos arredores.

14.       Tiña boa relación cos seus pais?

Sí, moi ben. Daquela tiña relación todo o mundo, non como agora, con estas pelexas tontas.

15.       Como era a súa vida diaria: medios de trasporte, comodidades en casa, problemas en situación do día a día,...?

Camiñando a pé a todos os sitios, con zocas. Ás únicas comodidades era a luz eléctrica e as camas individuais. Non había auga corrente. Lindabamos ás vacas, ibamos ao colexio,... Cando me casei, na nova casa ainda non chegara a luz eléctrica todavía.

16.       Que opina dos xovenes de hoxe en día?

Que teñen moito vicio. Non saben como vivir sen tantas comodidades, como se vivía antes. Se te mollabas os pes quedabas con eles mollados todo o día que non había outros.

17.       Como viviron os acontecementos históricos importantes da súa época (a postguerra, a transición, a chegada do home á Lua,...).

A postguerra paseina pasando moita fame, frío e sen moitas necesidades básicas. A transición, nin sabíamos nin o que era, morreu Franco e non se sabía o que iba a pasar, tiñamos esperanza pero tamén medo de volver a atrás, viviramos con moita represión e non se podía falar. A chegada do home a Lúa, parecíanos todo un conto, era imposible. No 23F tiñamos moito medo por volver á época de Franco, non durmimos ata que o rei saliu a falar pola tele dicindo que todo estaba ben.

18.       Está usted casada? Como levou o seu noviazgo? Tiveron fillos? Ten usted netos?

Sí, un noviazgo normal daquela época: sempre acompañado doutro adulto, non podías ir co mozo solo. Sí, catro fillos. Sí, catro netos.

19.       Gostalle ler? Que tipo de literatura lle gosta? Cales son os seus autores favoritos? Que lía cando tiña a nosa idade? Que libros da súa xuventude lle marcaron?



Sí, moito. Literatura romántica, histórica, todo tipo de novelas. Doviesqui, Vargas Llosa, Gabriel García Marquez,... Crimen y Castigo, Ana Karenina, El Padrino, Código Da Vinci,... Aos 16 lia máis ben novela rosa: Corín Tellado. Lías por entrenimento e por saber, non me marcou ningún.

20.       Gostalle ir ao cine ou ao teatro?

Sí, o teatro gústame máis ca o cine.

21.       Quen era o seu actor/actriz favorito? E cantate favorito?

Fernando Rey, Arturo Fernandez, José Sacristán, Lola Herrera, María Luisa Merlo, Lina Morgan, Manolo Escobar, María Dolores Pradera, Basilio,...

22.       Que anécdotas da súa vida lle gostaría contar?

Non hai ningunha destacable, so tonterías.

23.       Para terminar, que consello nos pode dar para ser felices?

Vivir a vida que é moi corta e estudar que é moi importate. Nada de aforrar.

Noel Suárez Barro