14/6/15

Lecturas para o verán

Aquí as tedes! Xa podedes pasar pola Biblioteca. Feliz verán!



9/6/15

Agustín Fernández Paz - Premio Clubs de Lectura 2015

Nas VIII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistimos, Agustín Fernández Paz foi premiado por ser o autor máis lido nos Clubs Escolares de Galicia  no 2014. Dende aquí, queremos dárlle a noraboa cun pequeno homenaxe.

                
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Figura elaborada pola escritora Cuqui Piñeiro 



Manuel Bragado, director da Editorial Xerais, recollendo o premio en nome de Agustín que non puido asistir
Na Feria do Libro de Vigo ( 2015 ) cos seus lectores
O curso pasado, os Clubs de 1º,2º e Fácil Lectura lemos a banda deseñada de Cartas de Inverno adaptada por Antonio Seijas

A súa última novela
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.