Silvia, estudante de Medicina,
marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun
hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos
seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu
corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar.
Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero
tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de
dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España;
por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo
por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis
doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen
fronteiras.