O luns que ven teremos a reunión do Club de lectura de BAC con este libro.
Déixovos aquí algunha información que pode axudarvos a afondar na mensaxe desta novela.
Información básica sobre o libro e a autora ofrecida pola editorial que o publicou en España
Aínda que no
libro se explica perfectamente que son números primos irmáns, que son primos
perfectos, non estará de mais recordalo
![]() |
Imaxe extraída do
libro “Números pares, primos e idiotas”
de Juan Jose Millás e Antonio Fraguas
|
Dentro do fermoso relato realizado pola escritora xaponesa destaca a moi coñecida fórmula de Euler. Aínda que é un clásico da álxebra, a súa demostración supera os vosos coñecementos pero non podemos deixar de vela como un compendio da beleza das matemáticas: trátase dunha expresión moi sinxela, que relaciona distintos campos das matemáticas e, sobre todo, é difícil condensar en tan poucos trazos moitos dos números mais interesantes das Matemáticas. Sobre este tema lede o artigo do matemático Fernando Jiménez Alburqueque publicado en Divulgamat, a Revista divulgativa da Real Sociedade Matemática.
![]() |
Doodle de Google para conmemorar o nacemento de Leonard Euler(306 anos) |
O éxito desta novela foi tal que no ano 2006 rodouse unha película baseada no libro.
Seguro que na sesión comentamos os tópicos das diferenzas entre o libro e a película. Coinciden as imaxes da película cas que tedes na imaxinación sobre asistenta e o profesor?. Que vos levou a pensar neles cun aspecto distinto o da película?
Xa sabedes que as Matemáticas teñen unha parte lúdica, como moitas veces vos dicimos. Nesta páxina tedes “trucos” de maxia, baseados no sistema decimal posicional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario