23/4/13

DÍA DO LIBRO

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODAS E TODOS!
 




Traballo elaborado pola profesora Amalia e o seu alumnado de 2ºESO B










16/4/13

Visita da residencia Geriatros

O mercores 10 de abril, o club de 1º de Bacharelato fomos á residencia de anciáns Geriatros facer unha actividade cos avós e avoas que alí residen. Aquí tendes o noso guión de presentación e un vídeo que relata o noso paso por alí. Foi para tod@s nós unha experiencia inesquecible.

Boa tarde,

Somos participantes do Club de Lectura do Instituto República Oriental do Uruguai que está aquí ó lado. Cando estabamos programando actividades, pareceunos unha boa idea contactar con vós xa que, a pesar de estar tan preto non nos coñeciamos e apetecíanos romper esa barreira interxeracional.

Sentimos curiosidade por saber como erades cando tiñades a nosa idade e por iso ocorréusenos elaborar unhas entrevistas para que as vosas vivencias nos servisen de aprendizaxe e ó mesmo tempo puidesedes revivir eses bos momentos.

Posteriormente, con todo o recompilado, faremos un libro coas vosas historias para que o teñamos todos de recordo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e por permitirnos estar hoxe aquí. Esperamos pasar un bo momento.



Se queredes ver as preguntas que lles fixemos, téndelas na marxe dereita do blog.












13/4/13

3ª LECTURA: Sombras de Marta Rivera de la Cruz



Biografía de Marta Rivera de la Cruz

Licenciada en Ciencias da Información, con postgrado de especialización en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de escritura creativa na escola de creación literaria Hotel Kafka. Publicou por primeira vez en 1996. Colabora en medios de comunicación como El País Semanal e a cadena COPE, na revista electrónica Espéculo, e é articulista en revistas como Vogue, Marie Claire ou AR. Recibiu varios premios literarios.

É autora de ensaios, contos, libros infantis e xuvenis e novelas.



Sinopse do libro


Valeria chega a Bline, unha aldea nas montañas, disposta a comezar unha nova vida. O pobo parece idílico. mais Valeria pronto descobre que hai algo escuro que os seus habitantes esconden. Ademais, dende a súa chegada, posee unha estraña habilidade que lle revela, en forma de visións, os segredos que eles ocultan. Xunto con Víctor, un aposto compañeiro do instituto polo que empezará a sentir algo, tentará resolver o misterio de Bline. Pero lograrán Valeria e él sacalo todo á la luz sen poñer a súa vida en perigo?
Unha inquedante novela de misterio, amor e poderes paranormais.


Información extraida de lecturalia.com

Se queres saber máis cousas da autora :http://www.martariveradelacruz.com
Se che apetece mandárlle un correo: rivermarta@gmail.com
Diario da protagonista da novela:http://valeriaoriol.blogspot.com.es/

4/4/13

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Os días 2 e 3 de abril, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, fixemos unha visita guiada da Biblioteca Pública Central de Vigo. Aquí tedes un vídeo que resume o noso paso por alí.

2/4/13

La fórmula preferida del profesor de Yoko Ogawa


O luns que ven teremos a reunión do Club de lectura de BAC con este libro.



Déixovos aquí algunha información que pode axudarvos a afondar na mensaxe desta novela.

Información básica sobre o libro e a autora ofrecida pola editorial que o publicou en España

Aínda que no libro se explica perfectamente que son números primos irmáns, que son primos perfectos, non estará de mais recordalo

Imaxe extraída do libro “Números pares, primos e idiotas”
de Juan Jose Millás e Antonio Fraguas











Dentro do fermoso relato realizado pola escritora xaponesa destaca a moi coñecida fórmula de Euler. Aínda que é un clásico da álxebra, a súa demostración supera os vosos coñecementos pero non podemos deixar de vela como un compendio da beleza das matemáticas: trátase dunha expresión moi sinxela, que relaciona distintos campos das matemáticas e, sobre todo, é difícil condensar en tan poucos trazos moitos dos números mais interesantes das Matemáticas. Sobre este tema lede o artigo do matemático Fernando Jiménez Alburqueque publicado en Divulgamat, a Revista divulgativa da Real Sociedade Matemática.


Doodle de Google para conmemorar o nacemento de Leonard Euler(306 anos)

O éxito desta novela foi tal que no ano 2006 rodouse unha película baseada no libro.

Seguro que na sesión comentamos os tópicos das diferenzas entre o libro e a película. Coinciden as imaxes da película cas que tedes na imaxinación sobre asistenta e o profesor?. Que vos levou a pensar neles cun aspecto distinto o da película?




Xa sabedes que as Matemáticas teñen unha parte lúdica, como moitas veces vos dicimos. Nesta páxina tedes “trucos” de maxia, baseados no sistema decimal posicional.