10/3/13

As lágrimas de Shiva de César Mallorquí

As lagrimas de shiva Título: As lágrimas de Shiva.
Autor: César Mallorquí.
Editorial: Edebé.
Personaxes: Xavier, Gabriel, Azucena, Margarida, Rosa, Violeta, Lois, Beatriz, pais de Gabriel e Xavier, nai das curmás.

Resumo:
O pai de Xavier é hospitalizado por tuberculose, cando os médicos cren que está estable, mándano á casa, mais a nai do neno, por precaución, manda aos seus fillos á casa dos seus tíos. A Gabriel, o irmán maior, mándano á casa do irmán do seu pai, e a Xavier cos seus tíos e as súas catro curmás, as catro flores, como as chamaba a súa nai.
Ao principio protestou, ata que se deu conta de que era inútil quedar en Madrid, polo que marchou a Santander.
Ao chegar, foi a buscalo o seu tío Lois, e ao chegar á casa, coñece á súa tía e as súas curmás Violeta, Rosa, Margarida e Azucena.
A historia ocorre no ano 1969, que foi o ano no que o home pisou a lúa por primeira vez. Pasado un tempo, Xavier comeza a sentir unha presenza, xunto cun aroma a nardos. Á súa curmá Violeta pasáballe o mesmo, ela cóntalle a Xavier datos da súa familia, e fálalle sobre a sospeita de que o espírito pertencíalle a Beatriz Obregón.
A historia básase en cómo eles investigan acerca do caso, e van atopando pistas, algo coma Sherlock Holmes e Watson.

--Aitana Rodríguez 2ºESO A--

No hay comentarios: