21/2/13

Book Trailer As Lágrimas de Shiva


2ª LECTURA DO CLUB


1º de ESO
2º de ESO
 
   
1º de BACH



 BÓ PROVEITO!!






Cartas de inverno chega á viñeta!



Antonio Seijas con Agustín Fernández Paz. Abaixo a súa portada.
Antonio Seijas con Agustín Fernández Paz

 

Antonio Seijas encargouse de levar á banda deseñada a novela de terror de Agustín Fernández Paz con máis de 84.000 ventas.
Sen que estas cifras lle acobarden, Antonio Seijas (primeiro premio no certame de banda deseñada Castelao 2008), deu un paso máis. Pasou a historia á viñeta, unha versión que xa saíu a luz tamén con Edicións Xerais: 'Tiña claro que quería respeitar o máximo posible a obra orixinal, pese a que Agustín deume total liberdade para abordalo; agás algunha variación na linguaxe, é fiel á orixinal, como unha especie de homenaxe persoal a Agustín Fernández Paz'.
Ao debuxante cautivoulle o conxunto da obra, pero especialmente que estivese ambientada en Pontedeume, preto da súa vila, Ares.

O proxecto ve a luz tras periodos ininterrumpidos de traballo. Cunha estética algo gótica e escura que reflicten a soidade e o medo, pero sen caer no macabro, mostra o que lle suxeríu o ilustrador: 'Recupero o estilo que utilicei no meu primeiro álbum, un debuxo máis pictórico, onde as formas non lle dan tanto protagonismo a liña', recoñece Seijas, que engade 'procuro crear ambientes coa cor e coa luz para transmitir ao lector a mesma emoción que me produce a historia; supoño que sacrifico o realismo da escea ante o sentimento'.
ana baena. vigo - 02-11-2012
ATLÁNTICO DIARIO, EDICIÓN DIXITAL