Buscamos a imaxe que identifique o noso Club de Lectura VOAR COS LIBROS. Cremos que ti es a persoa que mellor nos coñece e, polo tanto, pode definirnos.
PARTICIPANTES
Poderá participar
o alumnado que forme parte do Club de Lectura.
TÉCNICA
Pódese empregar calquera tipo de técnica
(acuarelas, lápices, bolígrafo, ceras, témperas, carboncillo, plumilla, collage,
etc.). A obra presentarase en A 4.
TEMA
Debe ser orixinal,
facilmente identificable, persoal e representativo do noso Club.
PRESENTACIÓN
Os traballos deberán presentarse ata o 18 de
febreiro na Biblioteca do Instituto nun sobre pechado en cuxo exterior poña:
CONCURSO LOGO CLUB DE LECTURA.
Incluiranse no sobre:
O
logotipo proposto acompañado dunha breve
explicación .
Os
teus datos persoais ( nome, apelidos, clase ).
Cada participante (individual ) poderá presentar un único
traballo.
XURADO
Estará composto
por: profesorado do Equipo de Biblioteca ,un alumno de cada nivel ( que non
participe no concurso ), e un membro do Equipo Directivo.
O
fallo do xurado será inapelable e poderá declarar o premio deserto se os
traballos non responden ó nivel esixido.
PREMIO
O
premio para o gañador consistirá nun vale regalo de 50 € na librería Cartabón.
O
logo orixinal premiado quedará en poder do instituto, que poderá reproducilo e
utilizalo libremente.
As obras non premiadas formarán parte do
arquivo da Biblioteca e difundiranse no blog do Club.
A participación neste concurso implica a aceptación das
bases.
MOITA
SORTE A TODAS E TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario