O martes 23 de outubro, achegámonos á libraría Cronopios de Pontevedra para coñecer a Marta Rivera de la Cruz. Os de 2º de ESO recordarédela polo libro de Sombras que tanto vos gustou. Ela acordábase de nós e asinounos uns cantos exemplares, así como un cartel que xa poñeremos na biblioteca. ¡Grazas Marta!
23/10/13
21/10/13
O bosque de Levas - 4º de ESO
Unha novela repleta de humor na que un estraño personaxe vido do alén aparece na Galicia do século XX. Un liberal axustizado durante o reinado de Fernando VII, vai visitar, por obra e graza da arte narrativa, a Galicia de finais da centuria pasada. Co recurso do contraste entre dúas realidades históricas, esta divertida novela introdúcenos nun universo literario que opta polo humor como vía de interpretación da realidade.
Notre-Dame de Paris - Club de Français
Résumé
Au printemps 1482, la cathédrale de Notre-Dame assiste impassible aux joies et aux horreurs du Moyen Âge. Quatre personnages dominent la scène : Quasimodo, l’archidiacre de Notre-Dame, Esmeralda et Phœbus de Châteaupers.
Victor Hugo nous raconte l’histoire de ces destinées qui se croisent et nous entraînent vers un dénouement tragique.
Victor Hugo nous raconte l’histoire de ces destinées qui se croisent et nous entraînent vers un dénouement tragique.
Etiquetas:
1ª lectura,
2º bach,
club de français,
notre-dame de parís,
vicens-vives,
victor hugo
La Isla del tesoro - Fácil lectura
Un misterioso mariño cunha pata de pau escóndese na pousada Almirante Benbow, e dende o momento en que o mozo Jim Hawks se apodera do mapa dunha illa deserta onde se esconde unha fortuna en ouro roubado, nada volverá ser igual.
Jim, Squire Trelawney e o doutor Livesey embárcanse xunto ao capitán Smollet na Hispaniola rumbo á máis fascinante aventura de todos os tempos. Pronto descubrirán que a tripulación está formada por viláns e filibusteiros ás ordes de John Silver, cociñeiro e pirata a bordo, quen tamén cobiza o tesouro...
Jim, Squire Trelawney e o doutor Livesey embárcanse xunto ao capitán Smollet na Hispaniola rumbo á máis fascinante aventura de todos os tempos. Pronto descubrirán que a tripulación está formada por viláns e filibusteiros ás ordes de John Silver, cociñeiro e pirata a bordo, quen tamén cobiza o tesouro...
Etiquetas:
1ª lectura,
almadraba,
fácil lectura,
la isla del tesoro
20/10/13
Poderosa-Club de 2º de ESO
A vosa primeira lectura é...
http://www.slideboom.com/presentations/239798/poderosa
Sinopse
Unha moza normal, chamada Joana, posúe o poder de cambiar o que ocorre ao seu redor. A partir de que se dá conta deste poder, Joana comeza a escribir cousas que se farán realidade sempre que escriba os seus desexos coa man esquerda.
Podedes vir á biblioteca o martes 29 de outubro no primeiro recreo recoller o voso exemplar.
Coidado, haberá preguntas, ¡así que mirade ben a portada e lede a información que tedes a continuación!
Etiquetas:
1ª lectura,
2º de ESO,
Poderosa,
Sérgio Klein,
Xerais
El secreto de If - Club de 1º de ESO
¡Aquí tedes a vosa primeira lectura!
Podedes vir á biblioteca o venres 25 de outubro no primeiro recreo recoller o voso exemplar.
Coidado, haberá preguntas, ¡así que mirade ben a portada e lede a información que tedes a continuación!
Sinopse
A princesa Dahud acode a If, o único reino onde conviven seres máxicos e humanos, para casar co futuro rei. Que hai de estraño neste matrimonio xa convido dende o berce? Criaturas monstruosas,complexos enigmas e forzas poderosas aglutínanse neste fantástico libro.
Etiquetas:
1ª lectura,
1º de eso,
Ana Alonso,
el secreto de If,
fantasía,
Javier Pelegrín
3/10/13
Comezamos!
O luns 30 de setembro e o martes 1 de outubro, o alumnado do Club foi polas aulas para animar aos seus compañeiros e compañeiras a apuntarse no Club.
¡Que non se diga que non estades avisados!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)