Hoxe 27 de maio, reunímonos os membros do Club de 1º e 2º de ESO para falar do último libro deste curso.
Gustounos moito a tod@s porque a trama era realmente intrigante e a forma de narrala moi lograda. Entre outras cousas debatemos a cerca do título e decidimos preguntárlle á autora porque llo puxera xa que nós tiñamos varias opinións ao respeto. Tamén falamos do final; pensamos que é un pouco precipitado xa que queda algún interrogante por resolver. Será porque a autora ten pensado facer unha segunda parte?!
Para rematar a sesión, visitamos a páxina de Marta Rivera e mandámoslle unha serie de preguntas sobre o libro. Estamos impacentes por recibir resposta!
Estas son algunhas das preguntas:
1.- Que significado ten o título?
2.- Como preparaches a trama?
3.- En que te inspiraches para facer a historia?
4.- Por que o libro comeza coa historia do can?
5.- Pensaches nalgún pobo que existe realmente e o adaptaches para a novela?
6.- Tes pensado facer unha segunda parte?
Xantando na herba |
Postres caseiros |
Elaborando preguntas |
Visitando a páxina da autora |