24/1/13

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz

Na sesión na que estivemos Iago, Erea e mais eu, Aida, estivemos falando do libro deste Club de lectura . Estivemos lendo o capítulo 11, que era o que nos parecía máis interesante. Tamén falamos da casa da portada e cambiámoslle o título. Falamos do munstruo que vía a protagonista e da nena do libro que cambiaba de posición. Pareceume unha sesión interesante pero aburrida, xa que eramos escasos alumnos. Seguro que coas novas incorporacións pasarémolo moito mellor!


Aida


Erea, Iago, Aida e Trini, a nosa coordinadora
 


23/1/13

Ás de bolboreta de Rosa Aneiros

O luns 21 de xaneiro, xuntámonos os membros do club de 2º de ESO e 1º de BACH para xantar e falar das nosas lecturas.

 Para abrir a sesión do club de 1º de Bach,  Henar, a coordinadora, falounos un pouquiño da " novela coral" e da " teoría dos 6 graos de separación".

 Logo tentamos, sen éxito, resolver o misterio da numeración dos capítulos do libro.

Tamén falamos de tódolos temas e valores presentes na obra como a incomunicación, a vellez, a violencia de xénero, o racismo e a solidaridade.  Alguhnas rapazas falaron dos seus avós e da atitude que teñen fronte á vida.




En canto ás personaxes, todas coincidimos en que a historia do avó e do neto foi a que máis nos gustou, porque pareceunos moi tenra.

Tamén vimos o vídeo de Layla de Eric Clapton, canción que aparece na historia de Aysel e Daray e que nos gusta moito.

Henar falounos un pouquiño  do monte Gurugú e da fronteira de Marrocos con Melilla. Vimos unha curtametraxe de Alfonso Ungría que nos entristeceu bastante, porque non entendemos como se pode tratar así ás persoas. Pensamos que a de ser moi duro para eles arriscar as súas vidas dese xeito na percura dun mundo mellor.




Na nosa valoración final, coincidimos todas en que non nos gustou a forma de narrar as historias da autora, porque non sempre entendiamos o que lles sucedía aos protagonistas. Tampouco conseguimos collerlles cariño algún, precisamente porque había demasiadas historias e non profundizaba en exceso en ningunha en especial.