12/12/13
Sesión 1º de ESO-EL SECRETO DE IF de Ana Alonso e Javier Pelegrín
O luns 9 de decembro reunímonos para falar do libro. Primeiro visionamos un powerpoint de fantasía épica, xénero literario ao que pertence a novela, para entrar en materia. Descobrimos varias obras que non coñecíamos. Falamos das pelis e series baseadas nesas obras, de videoxogos e tamén de Laura Gallego, Ana Alonso e Javier Pelegrín. Algúns incluso recomendamos algunha triloxía do xénero:
Posteriormente, intercambiamos impresións sobre o libro. Gustounos moito a todos e coincidimos en que o final e totalmente aberto. Incluso imaxinamos como sería a segunda parte.Vimos tamén a edición ilustrada para ver se os personaxes eran como os imaxinábamos. ¡A sesión deu para moito!
Etiquetas:
1ª lectura,
1º de eso,
Ana Alonso,
Club de lectura,
el secreto de If,
fantasía épica,
Javier Pelegrín
9/12/13
Sesión 2º de ESO-PODEROSA de Sérgio Klein
O luns 2 de decembro, reunímonos para falar do libro.
- Gustounos bastante a todos/as en xeral aínda que pensamos que algunhas historias non quedaron ben pechadas.
- Debatemos a cerca de como Joana usa o seu poder e falamos de como o usaríamos nós no seu lugar.
- Henar e Yolanda contáronnos quen era Xoana de Arco e explicáronnos tamén que é o S.P.
- Falamos de piercings e tatoos,de se nos faríamos un e dos que teñen as nosas irmáns e nais!
- Finalmente, todos pensamos no que faríamos se tivesemos o poder de Joana por un día no instituto.
Antía: Transformaría o instituto para que deixe de parecer un cárcere e cambiaría o son da serea!
Daiana: Transformaría a todo o mundo en anime !
Noel: Faría desaparecer os exames!
Oumar: Transformaría os libros en videoxogos!
Roi: Pararía o tempo na metade dun exame para poder copiar as respostas!
Noa: Transformou o instituto nunha película de ciencia ficción!
Laura: Pediría máis días de poder!
Yolanda: Que todos fósemos boísimos en tecnoloxía!
Henar: Que todos falásemos perfectamente francés!
E por suposto, algúns imos ler Poderosa 2 porque queremos saber que vai pasar con algunhas das historias.
Etiquetas:
1ª lectura,
2º de ESO,
Poderosa,
sergio klein
Suscribirse a:
Entradas (Atom)