13/12/12

Anxos en tempos de chuvia de Miguel Vázquez Freire

Este libro gustounos moito a todos. Os protas viven en Vigo, polo que percorren varias partes da cidade que coñecemos dabondo como o barrio de Coia (a avenida Castelao, o Alcampo, a rúa Marín), a praia de Samil ou o Casco Vello. Podiamos imaxinalos perfectamente paseando por todos eses lugares tan familiares para nós.



Encariñámonos especialmente con Anxos, a súa protagonista. Ela narra as súas vivencias nun diario. Vemos como vai falando dos seus medos, ilusións,... e como vai madurando pouco a pouco. Fala sobre todo de Nando, o seu primeiro amor, e de todos os sentimentos novos que esperta nela. Pareceunos unha rapaza moi sensible, sinceira e valente.

Tamén gustounos moito Moncho, o seu irmán, porque se tivesemos que pasar polo mesmo ca él nas nosas vidas, actuariamos exactamente igual.

Aínda que as veces perdiámonos un pouco cando falaba de relixión e filosofía cos seus amigos, fíxonos meditar tamén a nós sobre estes temas.



Bizcoito da profe Concha. Miam!
 
Reflexionando sobre o título do libro, a nosa conclusión final é que independentemente das cousas boas ou malas que fixeron os protagonistas ó longo do relato, non os temos que xulgar, por iso todos son Anxos en tempos de chuvia.

Finalmente, queriamos destacar que o libro tivo una función terapéutica para a nosa amiga Alba, que desafortunadamente viviu unha experiencia similar na súa vida.

   

12/12/12

Usha de María Reimóndez

O luns 10 de decembro o grupo de 1º de ESO reuniuse para comentar o libro. Primeiro xantamos todos xuntos, cos do club de 3º de ESO e as profes, e logo intercambiamos impresións. As nosas coordinadoras foron dúas rapazas do club de bacharelato que o fixeron moi ben, co asesoramento da profe Concha.


As nosas coordinadoras: Concha, Antía e Tania




Tania preguntounos se nos gustara o libro e todos contestamos que sí. Tamén nos preguntou que nos parecía a nai de Usha, que tal era a súa amiga, se tiña un comportamento razoable, se Usha era boa, e que foi o que máis nos gustou. Manuel Martínez 1º ESO
A profe Concha e os seus deliciosos postres!
   

Avellanitos